"Os nosos obxectivos de futuro serán seguir mellorando co apoio de FAGAL"

Para AFACHANTADA, FAGAL foi a que nos asesorou e guiou para dar os primeiros pasos e poder facer realidade este proxecto que as anteriores presidentas, María Luísa Jorge e Marita Otero, iniciaron para satisfacer as necesidades das persoas afectadas de alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas da poboación de Chantada e os seus arredores.
Grazas a todo isto, prestamos uns servizos acorde á realidade actual.
Os nosos obxectivos de futuro serán seguir mellorando polo que esperamos seguir contando co apoio e dedicación de FAGAL.
Enrique Rojo Rojo
Presidente de AFACHANTADA
Neste tempo camiñando coa seguridade de non facelo sós, non cabe máis que felicitar a FAGAL polo seu 20 aniversario. Dar os nosos parabéns polos logros obtidos, que son moitos, e afrontar xuntos os retos que quedan por vir. Todo un exemplo de traballar de maneira integradora no obxectivo común de prestar apoio e asistencia ós enfermos de alzhéimer e outras demencias e os seus familiares.
Ana Granja
Presidenta de AFASAL