facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Convenio ca Fundación Barrié: PROGRAMA REDE PARAUGAS 3.0

Entidad Financiadora: Fundación Barrié

Tipo: Convenio

Período de vigor: 10 de febreiro de 2017 – 31 de decembro de 2018

Orzamento total: 42.660 €

Data de sinatura: 10 de febreiro de 2017

Información:

O programa Red Paraguas 3.0 é unha continuación do programa Red Paraguas que se desenvolveu entre os anos 2013 e 2016.

Esta terceira parte consta de dous proxectos:

1. Red Paraguas Alzhéimer Interxeracional

Desenvolvemento de actividades para alumnado de Bacharelato de centros educativos de A Coruña e Vigo, que comprenderán charlas divulgativas, accións de sensibilización na aula e visitas a centros de asociacións de familiares de persoas con alzhéimer.

  • Obxectivo xeral:

    Reforzar a solidariedade entre os membros das familias mediante o fomento das relacións interxeracionais entre os maiores e os máis mozos.

  • Obxectivos específicos:

    1. Presentar e achegar a realidade das persoas maiores ós máis novos da sociedade.

    2. Mostrar a importancia dun reparto equilibrado do coidado das persoas maiores cunha demencia.

    3. Expoñer o traballo realizado polos profesionais das asociacións tanto con persoas con demencia como cos seus familiares e/ou coidadores principais

2. Proxecto Red Paraguas Alzhéimer 3.0

Fomentarase a continuidade do apoio no medio rural galego en materia de demencias, poñendo en marcha novas unidades de respiro para familias coidadoras de persoas cunha demencia.

  • Obxectivo xeral:

    Poñer en marcha entre 6 e 8 unidades de respiro e de atención a familias coidadoras de persoas cunha demencia no rural galego en comarcas contactadas en edicións anteriores do programa Red Paraguas.

  • Obxectivos específicos:

    1. Achegarse de maneira persoal ás familias das comarcas máis envellecidas do rural galego para identificar as necesidades máis directas das familias cunha persoa con alzhéimer.

    2. Dinamizar ós axentes locais na posta en marcha de propostas de atención ás persoas cunha demencia e as súas familias.

    3. Vincular directamente a algún concello da comarca seleccionada ó desenvolvemento da unidade de respiro.

    4. Promover nas áreas xeográficas seleccionadas a vinculación de familias coidadoras de persoas cunha demencia ó desenvolvemento de servizos específicos de atención ás demencias neurodexenerativas.

    5. Desenvolver 6-8 unidades de respiro rurais autónomas vinculadas a axentes locais mediante convenio formal.

Galería