facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Revista 20 Anos
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Qué e FAGAL

FAGAL é a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias, unha entidade sen ánimo de lucro que naceu en 1998 da unión de varias asociacións de familiares de enfermos de alzhéimer.

Hoxe en día FAGAL está composta polas 13 asociacións que existen en Galicia, que suman máis de 5.000 familias e que prestan múltiples servizos a través de 260 profesionais do sector sociosanitario. Ademais é a entidade de referencia en Galicia en materia de alzhéimer e outras demencias.

Na actualidade FAGAL desenvolve os seus propios programas baseados principalmente na divulgación e formación de familiares de persoas con algunha demencia neurodexenerativa. A maiores dá cobertura e coordina algúns dos programas que se levan a cabo nas asociacións federadas:

  • Centros de Día:
    • Da rede pública en Pontevedra, Vigo, Moaña, Lugo, Ourense, Ribeira e Ferrol
    • Propios: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, ...
  • Servizo de atención e acollida a persoas afectadas.
  • Información e asesoramento en recursos sociais.
  • Servizo de axuda a domicilio.
  • Orientación xurídico - legal.
  • Grupos de autoaxuda.
  • Programa de estimulación domiciliaria.
  • Fisioterapia domiciliaria.
  • Asesoramento en adaptacións funcionais.
  • Fisioterapia grupal.
  • Atención psicolóxica individual para familiares.
  • Tratamento fisioterapéutico individual para familiares.
  • Transporte adaptado.
  • Asesoramento en adaptacións funcionais.
  • Deseño e difusión de exposicións formativas e de sensibilización.
  • Obradoiros de formación para familiares e profesionais.
  • Obradoiros de memoria e detección precoz.

OBXECTIVOS

  • Representar e ser portavoz do conxunto de Asociacións de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Galicia, nascuestións que sexan competencia federada.
  • Promover o desenvolvemento e cumprimento dos fins das asociacións integradas en FAGAL.
  • Defender os dereitos e o cumprimento dos deberes das distintas asociacións federadas, sen perxuízo da lexitimación que corresponde a cada unha delas.
  • Prestar a todas as asociacións federadas asesoramento e axuda nos temas vinculados ós fins da Federación.
  • Promover actuacións destinadas a mellorar a situación das familias e unha mellor atención ás persoas afectadas.
  • Reclamar das autoridades e organismos públicos a creación dunha infraestrutura de apoio (psicolóxico, axuda a domicilio...) ás familias e unha atención continuada, integral e interdisciplinar para as persoas afectadas.
  • Reclamar a creación de centros específicos para a atención destas persoas afectadas.
  • Promover a realización por parte da Administración Pública dun censo de persoas afectadas de alzhéimer existentes en Galicia.
  • Desenvolver actividades de sensibilización social respecto á problemática que esta enfermidade provoca.
  • Colaborar con outras organizacións semellantes, provinciais, autonómicas, estatais ou doutro país, que participen total o parcialmente dos fins desta Federación, en aquelas cuestiones que sexan de interese mutuo.




Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar