facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

"Se as asociacións crecen, a Federación crece tamén e faise máis forte"





Cando a finais do ano 2009 tomei posesión da Presidencia de AFAPO, era unha Asociación con cinco traballadores e facíanse intervencións a un total de 25 usuarios, cunha infraestrutura escasa e moi pouca implantación a nivel xeográfico. Hoxe en día, e despois de 9 anos, AFAPO conta con 20 traballadores, unha atención directa a máis de 90 persoas, e en varios ámbitos xeográficos, como son Pontevedra, Marín, Silleda e Vila de Cruces, cun incremento da súa actuación que multiplica por cinco os datos do ano 2009.

Á Federación Alzhéimer Galicia pasoulle un tanto do mesmo. O crecemento e a súa implantación foi exponencial, o que nos leva á conclusión que os crecementos das Asociacións e da Federación van consustanciais un co outro. Se as asociacións crecen, a Federación crece tamén e faise máis forte, e polo tanto se a Federación crece, as Asociacións tamén se benefician dese crecemento, recibindo máis apoio e sendo a Federación un interlocutor válido e referente das Asociacións ante as institucións públicas.

Por iso, desde AFAPO queremos unha Federación en continuo crecemento e congratulámonos e felicitámonos do 20 aniversario da Federación.

José Manuel Fontenla Redondo

Presidente de AFAPO



Imaxe: Faro de Vigo
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar