facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
Recetas para el Recuerdo
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

"Non deixaremos de seguir loitando conxuntamente para lograr unha vida independente plena para todas as Discapacidades"





En nome de CERMI Galicia expresamos o noso sincero agradecemento a todos e todas as persoas que compoñen FAGAL, que o longo destes 20 anos de andaina desenvolveron un excelente labor na mellora da calidade de vida das persoas que padecen alzhéimer e as súas familias en Galicia. Queremos felicitar, moi especialmente, aos traballadores da vosa entidade FAGAL, por axudarnos a coñecer máis profundamente as necesidades de apoio que estas persoas precisan para alcanzar unha existencia máis cómoda e unha meirande visibilidade na sociedade actual.

Como ben sabedes, NON deixaremos de seguir loitando conxuntamente para lograr unha vida independente plena para todas as Discapacidades. Animámosvos a que continuedes contribuíndo a elevar o potencial humanitario que vos caracteriza.

Grazas ao entusiasmo e ao tesón, soubestes darlle o empuxe necesario para que nestes 20 anos de duro traballo e loita, teñan a súa recompensa nunha entidade forte que afronta con valentía os retos, de cara a alcanzar o obxectivo, que non é outro que: "fortalecer os valores e contribuír a enriquecer á sociedade".

Recibide o noso máis profundo recoñecemento.

Iker Sertucha

Presidente do CERMI Galicia
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar