facebook FAGAL Twitter FAGAL Instagram FAGAL linkedin FAGAL
Newsletter
Separador
FagalenLSE
Problemas de memoria
Grupo de Traballo en Demencias
YoTeCuidoApp

Sensibilización Interxeracional

Segundo a OMS as demencias neurodexenerativas pódese definir como un síndrome (xeralmente de natureza crónica ou progresiva) caracterizado polo deterioro da función cognitiva (é dicir, a capacidade para procesar o pensamento) máis alá do que podería considerarse unha consecuencia do envellecemento normal. A OMS afirma que o 60% das demencias son producidas pola enfermidade de Alzheimer.

Dado o alto impacto que ten na familia o diagnóstico dunha demencia neurodexenerativa, a Federación Alzheimer Galicia e a Fundación Barrié puxeron en marcha no 2013 o Programa Rede Paraugas Alzheimer co fin de reforzar a solidariedade entre os membros das familias mediante o fomento das relacións interxeracionais entre os maiores e os máis mozos.

Este proxecto interxeracional tiña como grandes obxectivos:
  • Presentar e achegar a realidade das persoas maiores ós máis novos da sociedade.
  • Dar a coñecer os dereitos das persoas cunha demencia e dos seus familiares.
  • Mostrar a importancia dun reparto equilibrado do coidado das persoas maiores cunha demencia.
  • Expoñer o traballo realizado polos profesionais das asociacións tanto con persoas con demencia como cos seus familiares e/ou coidadores principais
Para levar a cabo este proxecto, nunha primeira fase puxéronse en marcha actividades dirixidas as diferentes grupos de alumnos de centros educativos, adaptando o contido das mesmas á súa idade:
  • 10 e 11 anos: Asistencia á obra de teatro "Un avó especial"
  • 12 e 13 anos: Proxección da película de animación "Arrugas"
  • 16 e 17 anos: Charla impartida por un especialista en demencias
Ao remate de cada obradoiro, realízase unha unidade didáctica co fin de explicar síntomas e signos da enfermidade para reforzar o diálogo interxeracional cos seus pais e avós e vincular a toda a familia no coidado mutuo. Nunha terceira fase e co obxectivo de coñecer de forma directa o traballo e servizos, os alumnos achéganse ás asociacións de familiares de persoas cunha demencia.

No seguinte video pódese ver un pequeno resumo deste proxecto interxeracional posto en marcha dende o ano 2013 en colaboración ca Fundación Barrié.


Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar