FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Situación da Federación Alzhéimer Galicia ante a crise sanitaria causada polo COVID-19

Tanto os centros das asociacións coma as súas actividades foron suspendidos debido á situación sanitaria actual. Sen embargo, síguense levando a cabo recomendacións e consellos para que as persoas con demencia e as súas familias leven a situación o mellor posible

20/03/2020 | Galicia

Dada a situación de alerta sanitaria actual deivada polo COVID-19, queremos informar da situación real da Federación Alzhéimer Galicia e as nosas 15 asociacións.

A Federación segue co seu traballo habitual de maneira telemática, servindo de apoio ás asociacións en todo o que precisen e mantendo unha canle de comunicación continuada para informar das novidades legais que acontecen, así como facendo chegar material de difusión de organismos oficias e elaborando tamén material propio relacionado con recomendacións e consellos que sirvan de axuda ás familias con persoas con demencia nos seus domicilios.

As 15 asociacións pertencentes á Federación Alzhéimer Galicia permanecen pechadas e manteñen suspendidas as actividades presenciais seguindo as medidas  adopadas pola Xunta de Galicia no Diario Oficial de Galicia (DOG nº49-bis, do 12 de marzo de 2020), pero continúan prestando atención telemática ás familias usuarias, ben mediante chamadas telefónicas ou  videochamadas, como a través dos correos electrónicos habilitados.

Ademais, tamén outras entidades están a levar adiante iniciativas para soportar esta situación propoñendo distintos exercicios para realizar en casa e para que as persoas maiores mantéñanse activas. Algunhas das propostas son as seguintes:

  • Dende o Colexio de Terapia Ocupacional de Galicia propoñen unha actividade cada día. Podes acceder clicando aquí.
  • Listaxe de vídeos de exercicios físicos para realizar con persoas maiores. Podes acceder clicando aquí.
  • Caderno de exercicios de estimulación cognitiva para imprimir. Podes acceder clicando aquí.
  • Recomendacións para o confinamento cun familiar con demencia. Podes acceder clicando aquí.
  • Recomendacións para que as persoas con demencia se manteñan activas. Podes acceder clicando aquí.

Por último, queremos recordarvos a importancia de seguir as recomendacións das autoridades sanitarias e quedarnos en casa nas próximas semanas, xa que as persoas maiores pertenecen ós grupos de risco. Para ter información actualizada, podedes consultala nos seguintes enlaces:

Dende a Federación Alzhéimer Galicia seguiremos actualizando periódicamente as nosas novas para compartir con vós novas iniciativas para que este período se pase da mellor forma posible.

Podedes seguirnos tamén nas nosas redes sociais para mantervos ó día e ver o contido que compartimos tanto das nosas asociacións como doutras de interese.

Arquivada en: