"O feito de unirnos a FAGAL, supuxo un paso importante na nosa asociación"

Con motivo do 20 aniversario de FAGAL, dende AFA Viveiro gustaríamos expresar o agradecemento á Federación polo apoio mostrado ó longo destes oito anos que levamos camiñándo xuntos, así como a súa labor de representación ante as institucións, co único propósito de mellorar a calidade de vida das persoas afectadas polo Alzheimer e outras demencias e as súas familias e coidadores.
O feito de unirnos a FAGAL, supuxo un paso importante na nosa asociación, xa que, así, puidemos desenvolver actividades e proxectos conxuntos “Facendo camiños e facendo memoria” de forma común, fortalecendo así o movemento asociativo, tan importante para a defensa das persoas afectadas polo alzhéimer e outras demencias e as súas familias.
Desexar unha continuidade no traballo realizado durante estes 20 anos de traxectoria e así, poder representar como ata agora ó conxunto das asociacións galegas.
José Amador Fernández Pérez
Presidente de AFA Viveiro