FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

A Federación Alzhéimer Galicia cumpre 25 anos

Este venres 26 de maio é o 25 aniversario da Federación Alzhéimer Galicia que celebra baixo o lema “Protagonistas”, poñendo o foco nas persoas que viven esta realidade.

 

23/05/2023 | Galicia

A Federación Alzhéimer Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro nacida en 1998 da unión de varias asociacións de familiares de persoas con alzhéimer de Galicia que, dende entón, uniron forzas co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas involucradas.

A día de hoxe FAGAL está composta por 15 asociacións galegas de familiares de usuarios con alzhéimer e outras demencias que suman máis de 5.000 socios e que prestan múltiples servizos a través dos 300 profesionais do sector socio-sanitario.

Durante estes 25 anos de vida conseguiuse que Galicia sexa pioneira na posta en marcha dunha Rede Pública de Centros de Día Especializados, na creación de Manuais para Profesionais e Familiares realizados por grupos de traballo de diferentes disciplinas e 22 edicións das Xornadas Interdisciplinarias de FAGAL, acción formativa anual sobre alzhéimer máis importante e de referencia a nivel autonómico.

Entre os proxectos de sensibilización que continúan neste 2023 encóntrase, ademáis das accións que promoven a través das súas asociacións e a campaña anual de sensibilización, a Red Paraugas, impulsado hai unha década grazas á Fundación Barrié, que ten como obxecto formar e informar á poboación máis moza. Por outro lado, de carácter territorial xurde no ano 2012 o proxecto Localidades Solidarias co Alzhéimer e que conta xa con máis de 84 municipios comprometidos coas demencias.

Neste cuarto de século avanzouse moito pero aínda queda moito por facer e niso Isabel Gey Pérez, presidenta da Federación Alzhéimer Galicia, teno claro “Necesitamos poñer o alzhéimer no centro das políticas socio-sanitarias”, recoñecéndoo coma un problema de primeira orde. “Estamos vivindo un cambio de paradigma no perfil de pacientes que nos obriga a ir un paso por diante” para iso é fundamental a prevención e inverter na investigación non só científica senón social.

Seguimos loitando por dar visibilidade ao alzhéimer e por conseguir un diagnóstico a tempo que garante unha atención temperá.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia