FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Formación para profesionais

A formación continuada dos e as profesionais é un obxectivo fundamental para a Federación Alzhéimer Galicia. A través das Xornadas Interdisciplinares, que teñen lugar cada ano, favorécese o intercambio de experiencias entre profesionais e o coñecemento doutros módelos de intervención en demencias a nivel internacional. Con iso promóvese a reciclaxe profesional que favorece a motivación e o benestar persoal de cada persoa traballadora o que repercute directamente na calidade da atención ofrecida.

Desde - Hasta: - Actualmente

XORNADAS INTERDISCIPLINARIAS

Como cada ano desde o 2003, a Federación Alzhéimer Galicia organiza unhas Xornadas Interdisciplinares dirixidas a profesionais do sector sociosanitario especializado en demencias. O obxectivo deste encontro é achegar ás persoas asistentes as boas prácticas, modelos e estratexias que se realizaron tanto no noso territorio como en países veciños co fin de mellorar a atención e calidade de vida das persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas e os seus familiares. Ao mesmo tempo, serven para establecer lazos de comunicación entre diferentes países e entidades. Nas últimas edicións, este evento tomou un carácter internacional con relatores de países como Portugal, Francia, Reino Unido...

Financiamento: Consellería de Política Social e Deputación da Coruña

Periodo de execución: Ano 2023

Persoas beneficiarias e duración:

  • 230 persoas aproximadamente
  • 3,5 horas lectivas

 

FORMACIÓN ESPECIALIZADA EN DEMENCIAS NEURODEXENERATIVAS ORIENTADA A PROFESIONAIS

Tanto a Federación Alzhéimer Galicia como as asociacións federadas, imparten formación especializada en alzhéimer e outras demencias tanto aos profesionais que traballan nas súas entidades como a futuros profesionais da rama sociosanitaria co fin de adquirir coñecementos teóricos e prácticos así como estratexias e metodoloxía de traballo que melloren a calidade de vida das persoas con demencia e dos seus familiares.

Financiamento: Consellería de Sanidade

Periodo de execución: Ano 2023

Entidades que levan a cabo este programa: