Elaboración e xestión dos programas con cargo ó IRPF

A través deste programa a Federación Alzhéimer Galicia asesora e apoia ás entidades membro na elaboración dos programas a cargo do IRPF. A subvención con cargo ao IRPF fai posible que os servizos e programas poidan manterse para dar a mellor atención ás persoas con demencia e as súas familias.

PROGRAMAS DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARACTER SOCIAL CON CARGO O IRPF

Estes programas son:
  • Programa de atención sociosanitaria en centros de día
  • Programa de apoio a familiares e persoas coidadoras de persoas con demencia
  • Programa de utilización de tecnoloxías, produtos de apoio ou servizos que faciliten a autonomía persoal (Axudas Técnicas)
  • Programa de promoción da autonomía persoal, envellecemento activo e prevención da dependencia
  • Programa de atención dirixido a persoas maiores con deterioración cognitiva ou dependentes
  • Programa de formación e promoción do voluntariado
  • Programa de promoción do emprego das TIC entre as persoas maiores
  • Programa de promoción de redes sociais e outras actuacións de apoio e acompañamento
A través destes programas as  asociacións membro poden manter e poñer en marcha novos servizos destinados tanto a persoas con alzhéimer como ás súas familias. Entre estes servizos atópanse:
  • Centros de día
  • Apoio e formación a familiares
  • Asesoramento e  prestamo de axudas técnicas
  • Talleres de envellecemento activo
  • Talleres de prevención da deterioración cognitiva
  • Formación e promoción do voluntariado
  • Talleres de novas tecnoloxías
  • Talleres de promoción das redes sociais.
A Federación Alzhéimer Galicia proporciona  aseramiento e apoio na elaboración destes programas para a súa futura posta en marcha

 

Financiamento: Consellería de Política Social

Periodo de execución: Ano 2019

Entidades que participan e levan cabo este programa:

PROXECTO DE INVESTIMENTO E ADECUACIÓN DE CENTROS E UNIDADES DE ATENCIÓN DESTINADOS A PERSOAS MAIORES OU CON DISCAPACIDADE

Co obxectivo de fortalecer ás asociacións membro e o seu ámbito de actuación e intervención, diversas entidades federadas están a levar a cabo proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades destinadas a persoas maiores específicas de alzhéimer e outras demencias nas que levan a cabo, entre outros servizos, a adquisición de vehículos adaptados que permitan o transporte dos usuarios aos centros vinculados, a adquisición de equipamento e acondicionamento dos centros dirixidos a mellorar o benestar das persoas usuarias para favorecer as actividades da vida diaria a través de material de psicomotricidade, de estimulación cognitiva.. Con este programa, as asociacións beneficiarias tamén adquiren material necesario para a xestión dos centros, o que permiten un maior control sobre todas as accións que se realizan de maneira diaria cos usuarios (valoracións, seguimentos, avaliacións...)

Financiamento: Consellería de Política Social

Periodo de execución: Ano 2019

Entidades que participan e levan a cabo este programa: