FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Fin de Ciclo do Proxecto "Unha Viaxe no Tempo"

A Escola Infantil Os Rosales e AFACO exhiben unha proxección para o seu fin de ciclo, elaborado por alumnos do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña
 

29/06/2024 | A Coruña

O venres 28 de xuño, ás 16 horas, os Cantóns Cinema acolleu a proxección dun documental elaborado por alumnos do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña.
 
Maiores de AFACO e as súas familias, así como a comunidade de nais, pais e alumnado da Escola Infantil Os Rosales, acudiron a ver esta proxección audiovisual. O evento pechou un ciclo de 2 anos de traballo conxunto e colaboración entre os usuarios do centro de día Salvador de Madariaga e este centro educativo, boa mostra dun programa que leva xa funcionando unha década.
 
Os protagonistas do documental son os maiores e as súas familias, os traballadores, os voluntarios e supón unha gratificación emocional importante para quen o faga posible ano tras ano. Ademais, a cita levou aos maiores ao cinema, algo que en moitos casos non gozaron hai moito tempo.
 
Desde as entidades organizadoras quérese agradecer especialmente a todos os participantes e empresas colaboradoras o seu apoio desinteresado neste proxecto e o seu evento de fin de ciclo.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Inventario de recursos > > AFACO