FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Afamon colabora coa Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte na conmemoración do Día Mundial sen Tabaco

A acción realízase en colaboración con outras entidades sociais da localidade

05/06/2024 | Monforte de Lemos

Un ano mais, Afamon colaborou, xunto con outras entidades sociais da comarca, coa UAD de Monforte na realización dunha exposición  de murais con mensaxes para sensibilizar e axudar a concienciar á poboación sobre os danos que produce o tabaco e as grandes vantaxes de abandonar este hábito tan nocivo para a saúde. Esta campaña dará aos consumidores de tabaco un motivo máis para deixalo.
 
O mural de Afamon trata de animar  a deixar o tabaco mediante mensaxes escritos nos cigarros. Na confección do mesmo participaron as persoas usuarias do centro de Afamon en Monforte.
 
Estivo dispoñible na Casa da Cultura de Monforte de Lemos entre o 31 de maio e o 10 de xuño
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Inventario de recursos > > AFAMON