FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

FAGAL renova a súa Xunta Directiva

A nova Xunta directiva está encabezada por César Bugallo

22/01/2024 | Santiago de Compostela

Este sábado pasado celebrouse en Santiago de Compostela a Asemblea Extraordinaria da Xunta Directiva da Federación Alzhéimer Galicia. O punto principal da xuntanza foi a elección da nova xunta directiva ó rematar o mandato de Isabel Gey, presidenta durante 3 anos de FAGAL e actual presidenta de AGADEA.

A nova xunta directiva está presidida po César Bugallo, presidente de AFAFES -doutor en xerontoloxía pola USC-. As vicepresidencias están ocupadas por Patricia Babío – presidenta de AFACO- e Marcos Rodal – presidente de AFASAL e vogal na anterior xunta directiva-, a secretaría recae sobre Marcos Fontenla- secretario de AFAPO- e a pecha Enrique Rojo -de AFA Chantada, tamén vogal na anterior xunta directiva- co cargo de tesoureiro.

Tanto César Bugallo como a presidenta saínte- aproveitaron a asemblea para repasar os asuntos de maior importancia que ten que afrontar a nova xunta directiva, como é a homologación dos centros terapéuticos especializados en demencias e  o plan galego de alzhéimer.

 

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias