FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Aberta a Inscrición ás XXII Xornadas Interdisciplinarias de FAGAL

As Xornadas Interdisciplinarias terán lugar o sábado 27 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
 

18/03/2024 | Santiago de Compostela

Un ano más a Federación Alzhéimer Galicia presenta o seu programa das súas Xornadas Interdisciplinarias poñendo o foco na importancia de que para afrontar as demencias é importante a implicación de todos os axentes sociais.
 
Con este espírito inícianse as xornadas co relatorio da Dra. Isabel Campo Blanco Directora do Centro de Referencia Estatal de Atención a personas con enfermedad de Alzheimer y otras demencias, dependente do IMSERSO,  que abordará o estado das políticas de atención ás demencias en España.
Acto seguido procederase á inauguración oficial das Xornadas por parte de autoridades da Xunta de Galicia.
 
A mesa sobre demencias abordará a demencia frontotemporal dende tres perspectivas, a dun diagnosticado, Javier Saenz, unha coidadora, Carmen Rodero e unha psicóloga, Elena Viqueira.
A terceira mesa, de investigación, será desenvolvida polo Doutor Fernando Maestú, profesor da Universidade Complutense de Madrid que traballa en proxectos de investigación para o diagnóstico precoz  por electroencefalograma ou análise de sangue
 
A mesa final, segundo a traxectoria dos últimos anos, falará das demencias nas diferentes expresións artísticas e será levada a cabo pola directora de cine Claudia Pinto, premiada co Goya pola película documental “Mientras seas tú” sobre a demencia da actríz Carme Elías.
 
Toda a información sobre o programa e inscricións AQUÍ na web das xornadas.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia