FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Santiago acollerá o 7 de maio as XX Xornadas Interdisciplinarias da Federación Alzhéimer Galicia

FAGAL presenta as súas XX Xornadas Interdisciplinarias, que se celebrarán de forma presencial o 7 de maio na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

14/04/2022 | Santiago de Compostela

O sábado 7 de maio celébranse ás XX Xornadas Interdisciplinarias da Federación Alzhéimer Galicia, recoñecidas de interese sanitario pola Consellería de Sanidade. As xornadas terán lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

Comezará o acto co Dr. Juan Luis García, Psiconeurólogo e Dr. en Psicoloxía Clínica e da saúde, quen contará a Experiencia da Federación Catalana de Alzhéimer.

De seguido terá lugar unha mesa diálogo sobre a importancia da intervención especializada en demencias, na que intervirán representantes de diversos colexios profesionais de Galicia: Educación Social, Fisioterapia, Logopedia, Psicoloxía, Terapia Ocupacional e Traballo Social.

Igual que en anos anteriores,desenvolveranse tres obradoiros paralelos: A reforma do Código Civil nos procesos de incapacitación, impartido por Santiago Miguel Cruces, Fiscal Delegado de atención a persoas con discapacidade de GaliciaA implantación de certificados de calidade nas asociación de alzhéimer e un obradoiro sobre os traballos realizados nas asociación que conforman o tecido de FAGAL.

Clausurará o acto o grupo interxeracional Deteriorados, liderado por Xaime Fandiño, no que farán fincapé sobre a importancia das artes nas demencias.

As Xornadas Interdisciplinarias de FAGAL é un dos eventos máis importantes que a Federación Alzhéimer Galicia organiza cada ano co apoio das Consellerías de Sanidade e Política Social da Xunta de Galicia. Estas xornadas, celebradas desde o 2003, reúnen a profesionais do sector sociosanitario co obxectivo de intercambiar experiencias e coñecer novos modelos de atención en demencias, para ofrecer servizos de calidade ás persoas con demencia e as súas familias de todo o territorio galego.

O prazo de inscrición estára aberto ata o día 28 de abril de 2022 na seguinte ligazón: INSCRICIÓN

Para ver o programa e máis información visite: https://xornadas.fagal.org

 

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia