FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

La Caixa dona 3.000 € a AFABER

O importe íntegro da donación dedicarase a sufragar gastos dos programas de estimulación cognitiva

16/11/2022 | Carballo

A entidade financiera Caixabank, a través do seu director Ángel Santos Calvo e subdirectora Begoña Timiraos Castro entregou á asociación de familiares de personas con alzhéimer da comarca de Bergantiños (AFABER) 3.000 euros. Á sinatura da doazón asistiu o presidente, Jesús Villar.
 
Dende Afaber expresan «o agradecemento por esta doazón, e por, contar sempre con nós», destacando «a colaboración de CaixaBank coa nosa entidade, todos estes anos podendo dar continuidade aos nosos
programas» Con esta doazón Afaber poderá facer fronte ó desenvolvemento do programa de estimulación cognitiva, do que disfrutan persoas afectadas por unha demencia
 
Para as interesadas en ampliar información sobre os nosos servizos poden facerlo en AFABER, rúa Camelias, 2 – baixo ós teléfonos habituais : 981 758 545 / 625 980 691, tamén a través do correo afabercarballo@gmail.com

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Inventario de recursos > > AFABER