FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFABER retoma a súa actividade tras o Nadal

Retoma os obradorios Activa-T e os grupos de apoio. Tamen termina a primeira etapa de Escolas de Familias

29/01/2024 | Carballo

Tras as vacións de Nadal AFABER continúa coa súa actividade
 
Retoman a súa actividade os grupos de apoio, continúan dirixidos pola psicóloga Lara Rodríguez y los talleres de envejecimiento activo.
 
Despois de tantos anos con esta iniciativa, los grupos de apoyo siguen en marcha. Os grupos de apoio son guiados por unha profesional, neste caso por unha psicóloga, dirixidos para familiares e concretamente coidadores/as dos/das usuarios/as; co propósito de crear un ambiente acolledor onde poder tratar e xestionar as situacións que afrontan no día día, ou os temas que queiran e/ou precisen compartir.
Estas reunións serven para que as persoas se relacionen entre sí, nacendo a posibilidade de creación dunha rede de soporte por quen participa, e vanse xerando novos recursos de afrontamento das situacións actuais e mesmamente de novas situación.
 
Tamén está de volta o programa de envellecemento activo de prevención do deterioro cognitivo, nas parroquias de Carballo, Coristanco e Cabana de Bergantiños, para os concellos e asociacións interesadas.
Estes talleres permiten ós participantes axilizar os procesos cerebráis que facilitan o recordo e estimulan os procesos cognitivos. Estando dirixidos a persoas maiores de 55 anos.
 
 
Por outra banda rematou a primeira etapa de Escola de familias. Trátanse dunhas charlas para as familias e persoas coidadoras dos programas de terapias e estimulación, sobre temas de interese relacionados cos coidados:
  • Alimentación en demencias.
  • Vestido e aseo persoal en demencias.
  • Comunicación en demencias.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Inventario de recursos > > AFABER