Noticias 

AFACO levará a cabo un ciclo de formación para familiares de persoas con alzhéimer

As actividades terán lugar os días 10, 11 e 12 de febreiro e, aínda que o acceso é gratuíto para socios familiares, é necesario inscribirse previamente

04/02/2020 | A Coruña

AFACO celebrará un novo ciclo de sesión formativas para familiares de persoas con alzhéimer co obxectivo de mellorar a súa vida. Este ciclo terá lugar os días 10, 11 e 12 de febreiro dende as 17:00 ás 19:00 horas nas aulas cedidas pola Fundación San Rafael (Costa da Palloza, nº4, A Coruña).

O 10 de febreiro comezarán cun Taller de Actividades da Vida Diaria, que será impartido por Tereza Pérez, terapeuta ocupacional de AFACO. Nesta actividade ofreceranse pautas para manter a autonomía do paciente durante o maior tempo posible: asearse, vestirse, ducharse e comer, entre outras actividades da vida diaria.

O seguintes días, o martes 11 e o mércores 12, terán lugar talleres de fisioterapia nos que se impartirán dúas clases prácticas sobre mobilizacións e transferencias, e coidado físico das persoas coidadoras. Nesta ocasión, serán impartidos por Rodrigo Rubial, fisioterapeuta, xerontólogo e director da clínica “Fisioterapeuta del Mayor”.

O acceso a esta formación é libre e gratuíto para socios familiares, aínda que é necesario inscribirse previamente a través do teléfono 981 20 58 58 (extensión 3001) ou no correo electrónico contacto@afaco.es.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFACO