FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Éxito do Ondiñas Fest

Unhas 300 persoas pasaron polo festival solidario na Escola Infantil dos Rosales no que se recadaron 1.300 euros para Médicos sen Fronteiras
 

13/06/2024 | A Coruña

O pasado sábado a Escola Infantil dos Rosales na Coruña encheuse de maiores e familias. A comunidade de usuarios e familias de AFACO, conxuntamente con familias da gardería, participaron nun encontro moi especial.
 
Tratábase do fin de curso do programa interxeracional que funciona entre o centro de maiores e a escola infantil, que estiveron nos últimos meses realizando actividades conxuntas.
 
A recadación final do evento foi de 1.300 euros e será doada a Médicos Sen Fronteiras para contribuír a soster a súa actividade solidaria.
 
No festival participaron diferentes entidades locais e numerosas empresas colaboraron achegando produto, fondos, recursos humanos etc.
 
Desde AFACO queremos agradecer a Charli Bau a Asociación Musical dá Laracha e Pablo Rubén Fernández a súa participación. Tamén, a diferentes entidades como San Brandán, Amigurumiscoruna, Remove Corpo Mente, RetoqueRetro, Lamastelle, Gadis, Fisioterapeuta do Maior, Cola-Cola, Bonilla á vista e Marga Flores, entre outras.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Inventario de recursos > > AFACO