Noticias
Afaga e Afapo comezan o Centro de día terapéutico de Marín
O centro conta con 27 prazas para persoas maiores e un servizo de transporte a domicilio.
12/07/2021
Por primeira vez dúas asociacións co mesmo obxectivo administran e xestionan o mesmo centro de día, no que participan a Asociación de Familiares e Pacientes con Alzheimer e outras Demencias de Galicia (Afaga) e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Pontevedra (Afapo). Dende o 1 de xuño comezou a funcionar o "Centro de Día Terapéutico de Marín", co obxectivo de dar resposta á necesidade de intervención no concello de Marín e a súa área de influencia.
Afapo e o concello de Marín xestionan unha unidade de estimulación terapéutica na Finca de Briz con capacidade para 20 usuarios, polo que o novo "Centro de día terapéutico de Marín" ven a dar continuidade e o reforza o traballo que xa se estaba realizando.
O "Centro de día terapéutico de Marín" ofrece recursos de maior intensidade para traballar a autoestima, a estimulación e a autonomía. Axudar aos usuarios a desenvolver novos proxectos de realización persoal, a partir dun modelo de intervención individualizado.
Moi preparado para traballar con persoas maiores, o equipo multidisciplinar de profesionais do "Centro de día Terapéutico Marín" está formado por educadores sociais, traballadores sociais, psicólogos, fisioterapeutas e auxiliares de enfermaría. As amplas instalacións, con capacidade para 27 prazas, abren de 9 da mañá a 8 da tarde, con servizo de transporte.
Arquivada en: