FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Afaga Alzhéimer pon en marcha un programa de atención individualizada para persoas con alzhéimer e as súas familias en Vigo

O programa funciona baixo cita previa e conta cun Protocolo de Seguridade e Garantía Sanitaria contra o COVID-19

 

19/06/2020 | Vigo

Dende a asociación Afaga Alzhéimer veñen de poñer en marcha un programa de atención individualizada en Vigo. Este programa, que funciona baixo cita previa e que conta cun Protocolo de Seguridade e Garantía Sanitaria que sigue as normas establecidas contra o COVID-19, ofertará servizos tanto para as persoas con demencia como para os seus familiares.

A asociación busca, deste xeito, ofrecer sesións individualizadas que poidan dar resposta á necesidade das persoas usuarias de acceder ós servizos que Afaga Alzhéimer prestaba antes da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. Os servizos que se ofertarán responden ás necesidades máis urxentes, e son os seguintes:

  • Para as persoas con demencia: Estimulación Cognitiva e Funcional.
  • Para as familias: Atención Social, Psicolóxica, Asesoramento Legal e de Productos de Apoio.

Estas actividades levaranse a cabo no Centro de Atención Integral de Vigo (Avda. Martínez Garrido, 21. Interior) e, a partires da próxima semana, comenzará tamén a atención individualizada no Centro de Día Beiramar.

Ademais, tamén continuarán ofrecendo o Servizo de Axuda a Domicilio (SAD) e a estimulación terapéutica na casa daqueles usuarios e usuarias que o soliciten.

 

Arquivada en: