Noticias
AFAGA Alzheimer retoma o seu programa de Actividades socioeducativas e terapéuticas para familias este 2022
A asociación impartirá unha serie de charlas e obradoiros dirixidos ás familias ao largo de 2022 co obxectivo de seguir formando a persoas coidadoras sobre a demencia
19/01/2022 | Vigo
Tras unha pausa durante o mes de decembro, AFAGA Alzheimer volve en xaneiro coas súas actividades formativas dirixidas ás familias. Con estas se pretende informar ás personas coidadoras e os seus familiares sobre diversos temas relacionados coa demencia: síntomas de alarma, tratamentos farmacolóxicos e non farmacolóxicos, estratexias de fomento da autonomía, exercicios terapéuticos, recursos de apoio, etc.
As charlas e obradoiros, de carácter presencial, serán impartidos por profesionais da asociación no Centro de Atención Integral ás Demencias (Avda. Martínez Garrido, 21º Interior, Vigo). Ademáis, estas terán un custo solidario de 5€ para persoas socias e de 10€ para persoas non socias.
As actividades máis próximas a realizarse dentro do programa son:
- “Alzheimer e outras demencias: máis alá da memoria” (19/01/2022): charla formativa impartida por Maximina Rodríguez Fernández, Psicóloga sanitaria en AFAGA Alzheimer. Nela explicaranse os distintos tipos de demencia, síntomas de alarma e os tratamientos farmacolóxicos e non farmacolóxicos.
- “Emoción e conducta nas persoas con demencia” (26/01/2022): charla formativa impartida por Maximina Rodríguez Fernández, Psicóloga sanitaria en AFAGA Alzheimer. Nesta falarase dos síntomas conductuais e psicolóxicos da demencia (SCPD) e pautas a ter en conta.
- “AFAGA O teu carón – Sesións de acollida” (07/02/2022): sesión de acollida organizada por Marina Requejo Roman, Traballadora social en AFAGA Alzheimer. Dirixida a persoas que desexan informarse sobre a asociación e os seus servicios.
-
“Vida activa: estimulación día a día” (23/02/2022): charla formativa cun membro do equipo profesional de AFAGA Alzheimer. Nela abarcaranse estratexias do fomento da autonomía e retardo da dependencia; e dispositivos tecnolóxicos.
No seguinte cartel figuran todas as actividades planificadas dentro do programa de Actividades socioeducativas e terapéuticas para familias. Para asistir é obrigatorio inscribirse con anterioridade chamando ao 986 22 97 97 ou escribindo a formacion@afaga.com.
Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAGA