FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFAL e o Concello de Fene ofrecen terapias para persoas con alzhéimer e outras demencias

Estas sesións están centradas na estimulación cognitiva e teñen lugar dous días á semana

23/01/2020 | Fene

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, e o presidente de AFAL Ferrolterra, Francisco Pantín, animan ás familias coidadoras de persoas con alzhéimer e outras demencias a participar no programa de obradoiros de estimulación cognitiva que oferta o Concello.

Este programa está centrado en retardar o avance da doenza e mellorar a calidade de vida das persoas que padecen alzhéimer. Celébrase dúas veces a semana, os martes e os xoves, de 18 a 20 horas no Centro Sociocomunitario.

Aínda que as sesión guiadas por AFAL xa arrancaron en outubro, Galego e Pantín explicaron que a inscripción está aberta e que a participación é completamente gratuíta. Para poder asistir, debe realizarse a inscripción no Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene ou en AFAL. 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAL Ferrolterra