FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFALU porá en marcha un centro residencial de corta estancia para persoas con demencia e abrirá un novo centro de día

Empregarán o antigo local de Aspnais para atender ás súas persoas usuarias ao mesmo tempo que buscarán dar momentos de respiro ás familias coidadoras

 

19/11/2020 | Lugo

Durante a xornada do 17 de novembro, a Conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou a cesión á AFALU, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias de Lugo, do antigo local da Asociación de País ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo (Aspnais). Ademais, tamén se cederá este espazo a Alume Saúde Mental.

Pola parte de AFALU, neste espazo poñerase en marcha un centro de día para persoas con alzhéimer, ademais dunha residencia asistencial de respiro familiar. Este centro residencial contará con dez habitación e será de corta estancia, estando disponible para fins de semana, vacacións ou por motivos puntuais, non excedendo nunca os tres meses de duración.

Deste xeito, dende a asociación lucense esperan poder dar resposta a aquelas familias que queren manter ó seu familiar no seu domicilio pero que necesitan momentos de respiro e descanso, ademais de calquera imprevisto de urxencia que poidan ocorrer.

Ademais, neste novo centro seguírase a traballar de xeito terapéutico mediante a estimulación cognitiva e a rehabilitación.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFALU