FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFALU reabre as portas dos seus centros de día ao 50% da súa capacidade

A reapertura levouse a cabo o 15 de xullo, despois de 4 longos meses, e prevén ampliar o aforo nas próximas semanas

 

17/07/2020 | Lugo

O pasado mércores, 15 de xullo, a Asociación de Familiares de enfermos de Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas de Lugo (AFALU), reabriu ás portas do seu centro de día ó 50% de capacidade. Aínda que hai máis persoas usuarias e familias interesadas en acudir ó centro, deberán agardar entre 15 e 30 días, ata que se aumente o aforo ao 75% e despois ao 100%, para poder comezar.

Esta reapertura faise despois de 4 longos meses nos que as persoas usuarias permanecían nas súas casas debido o confinamento polo coronavirus. Aínda que durante este tempo se levou a cabo un servizo de estimulación cognitiva a domicilio e un continuo seguimento telefónico e online, as condicións dos usuarios empeoraron en gran medida, sendo o aumento do deterioro cognitivo e a mobilidade unha das grandes preocupacións das familias.

Na actualidade, o centro lucense conta cunhas medidas adecuadas ás características necesarias para evitar posibles contaxios, así como a división en grupos pequenos de usuarixs e materiais sanitarios específicos. Para iso, xs profesionais do centro realizaron un curso para coñecer, preparar e practicar os detalles do protocolo establecido antes da reapertura.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFALU