FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFAOR recibe o selo “Dona con Confianza” da Fundación Lealtad

Con este recoñecemento a Asociación de Alzhéimer de Ourense renova o seu compromiso na loita contra a enfermidade

 

30/09/2023 | Ourense

No contexto de traballo constante de mellora continua e enfoque na calidade e eficacia, a entidade foi recoñecida có selo “dona con Confianza” da Fundación Lealtad.

Trátase dun distintivo único en España que recoñece o cumprimento dos Principios de Transparencia e Boas Prácticas de xestión. O selo “Dona con confianza”, non só solo é un recoñecemento, senón tamén un xeito de axudar a toda persoa que queira colaborar coa entidade a identificar de maneira clara e sinxela que AFAOR cumpre cós aspectos tan relevantes como ter unha misión clara e pública, un órgano de goberno independente e activo, financiación diversificada e transparente, control rigoroso do uso de los fondos, sustentabilidade financieira, planificación, seguimento e análise de impacto.

Este logro reforza o compromiso coa excelencia e a integridade no servizo que brinda ós seus usuarios.

 

Durante este mes de setembro, ademais de desenvolver as habituais accións, como obradoiros de prevención de memoria, estimulación cognitiva para persoas afectadas, atención, información e orientación a familias, formación especializada, voluntariado e no centro de día para persoas con trastornos neurodexenerativos -e que poden coñecer en maior profundidade visitando a súa web www.afaor.com-, organizaron e colaboran con diferentes institucións e administracións sociosanitarias, en actividades de sensibilización social sobre a Enfermidade de Alzhéimer, como a colocación de mesas informativas en diversas comarcas de la provincia, con motivo do Día Mundial del Alzhéimer (día 21), el 2º Torneo Solidario de xadrez no Novo Edificio de Hospitalización (día 22), a Charla sobre Envellecemento Activo e xadrez no Liceo de Ourense (día 21) ou os Paseos pola Saúde os días 21 y 30 deste mes, que se realizarán nos concellos de Barbadás y Ourense, respectivamente.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Colabora > Apoia coa túa firma > Accións pechadas > Titular de la acción 01
Inventario de recursos > > AFAOR