FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFAPO aumenta o aforo do seu Centro de Día para todas as súas persoas usuarias

Esta medida chega un mes despois da reapertura do centro cun número reducido de persoas e tras a adaptación das instalacións para cumprir os protocolos

01/09/2020 | Pontevedra

O 1 de setembro o Centro de Día de AFAPO abre as portas para todas as súas persoas usuarias, comezando así unha nova etapa na nova normalidade.

Este paso chega despois da adaptación das instalacións para cumprir os protocolos e as medidas de seguridade fronte o Covid-19. Na actualidade, dispoñen de mamparas nas aulas, realízanse controis de temperatura e saturación de osíxeno á entrada e á saída, hai alfombras de desinfección e xel hidroalcohólico.

Ademais, todos os profesionais empregan equipos de protección e respectan as medidas de seguridade.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAPO