FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFAPO forma parte da I Feira de Saúde e Benestar PonteSan

O evento celebrouse os días 26 e 27 de setembro en Pontevedra e reuníu a trinta asociacións sociosanitarias de Galicia

29/09/2020 | Pontevedra

A pasada fin de semana, AFAPO participou na I Feira de Saúda e Benestar PonteSan, á que asistiron trinta asociacións sociosanitarias galegas.

O evento foi organizado pola Consellería de Deportes, Actividade Física e Saúde en colaboración coa Diputación de Pontevedra. O obxectivo principal é o de convertirse nun punto de encontro para toda a ciudadanía interesada na súa saúde, no benestar personal e no estilo de vida saudable.

A charla realizada por AFAPO levaba por título “Factores de risco e prevención” e estivo a cargo de Carlos Spuch Calvar, doutor en Neurobioloxía pola Universidade de Vigo e investigador sénior do Grupo de Neuroloxía do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur.

Ademais de AFAPO, tamén asistiron o SERGAS, a asociación AGALURE, APXP e ANEDIA, entre outras.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAPO