Noticias 

AFAPO formará parte, un ano máis, do Programa Marco de Responsabilidade Social Corporativa Ence

Esta iniciativa permitirá levar a cabo o programa “Prevención e Promoción para a Saúde” nos Concellos de Pontevedra, Marín e Poio

 

16/03/2020 | Pontevedra

Un ano máis, AFAPO formará parte do Programa Marco de Responsabilidade Social Corporativa Ence, unha iniciativa que supón un importante apoio contra a exclusión social e a mellora da calidade de vida dos cidadáns de Pontevedra e a súa comarca.

Grazas a esta colaboración, AFAPO poderá levar a cabo o programa “Prevención e Promoción para a Saúde”. Este programa, que está dirixido a persoas maiores de 60 anos que non teñan diagnosticada unha enfermidade neurodexenerativa, busca previr a enfermidade. Ó mesmo tempo, fomenta o envellecemento activo a través de diferentes obradoiros de estimulación cognitiva, novas tecnoloxías, horticultura e saídas culturais nas que se potenciarán as relación intersociais.

Estes obradoiros desenvolveranse nos Concellos de Pontevedra, Marín e Poio.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAPO