FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFAPO volve a ter todas as súas actividades en marcha tras reabrir o Centro Terapéutico de Silleda

Esta reapertura levouse a cabo o pasado 15 de outubro e asistiron á presentación José Manuel Fontenla, presidente de AFAPO, e Ángela Troitiño, Conselleira de Asuntos Sociais

19/10/2020 | Silleda

Despois de sete meses, o pasado 15 de outubro reabriu o Centro Terapéutico de Silleda, de forma que AFAPO volve a ter todas as súas actividades en marcha.

En Silleda, tal e como fixeron tamén no resto dos centros de AFAPO, dividiron as usuarias en dous grupos para poder manter as distancias de seguridade e cumprir, desta forma, co protocolo para evitar contaxios de Covid-19. Deste xeito, un dos grupos asistirá os martes e xoves de 10:15 a 11:45, mentres que o outro o fará de 12:00 a 13:30.

Para dar a benvida a esta nova etapa, durante a mañá da presentación estiveron presentes o presidente da asociación, José Manuel Fontenla, e a Conselleira de Asuntos Sociales, Ángela Troitiño.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAPO