FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFAPO e o Concello de Silleda avanzan no prantexamento do Programa de Atención Integral para o 2021

Reuníronse a pasada semana e falaron tamén dos servizos que prestaron durante este ano ás 23 persoas usuarias e ás súas familias

16/12/2020 | Silleda

A pasada semana, J. M. Fontenla, presidente de AFAPO, reuniuse en Silleda coa Concelleira de Benestar Social e Sanidade, Ángela Troitiño, e coa alcaldesa en funcións, Mónica González, para avanzar no prantexamento do Programa de Atención Integral para o vindeiro ano.

Nesta reunión falouse do servizo que presta AFAPO, asociación que nestes momentos atende a 23 persoas usuarias e ás súas familias. Ademais, tamén se resumíu a actuación que levaron a cabo durante o 2020, xa que coa chegada do confinamento se viron na obriga de atender as persoas de xeito telemático ata o mes de outubro.

Ademais, dende AFAPO tamén agradeceron ao Concello de Silleda a confianza posta na asociación dende o ano 2014, cando comezaron a traballar para mellorar a calidade de vida das persoas con demencia e as súas familias.

 

Arquivada en: