FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Agadea Alzhéimer abre no concello de Trazo un servizo de estimulación terapéutica

O concello de Trazo conta dende hoxe cun servizo de Estimulación Terapéutica dirixido ás persoas con deterioro cognitivo.

Abre os luns e mércores de 16.00 a 20.00 horas e a partir de setembro contará con servizo de transporte

27/07/2021

Ata 22 persoas pódense beneficiar deste servizo, que nace froito da cooperación entre a Asociación Galega de Axuda aso Enfermos con Demencia Tipo Alzheimer (AGADEA) e a concellería de Servicios Sociais de Trazo e que permitirá frear a desorientación e déficit cognitivo que acarrea esta doenza neurolóxica. Con este fin aplicaranse técnicas de psicoestimulación cognitiva, xerontoximnasia, así como actividades lúdidas e socializadoras que favorecen a independencia e autoestima dos usuarios e usuarias. A súa vez conseguen que as capacidades non danadas se manteñan o maior tempo posible. Tamén se ofrece asesoramento ás familias.

 

Estas terapias serán impartidas por unha técnica de Agadea os luns e os mércores, entre as 16.00 e as 20.00 horas no Local de Usos Múltiples do Concello de Trazo (Viaño Pequeno). Antes de participar no programa os profesionais de Agadea levarán a cabo unha valoración da persoa para distinguir o seu grao de afectación. A partir do mes de setembro este servizo contará con transporte para facilitar a participación de todos os veciños e veciñas do concello.

 

Agadea Alzhéimer conta cunha ampla experiencia na prestación deste servizo con centros en Santiago, A Estrada, Vedra, Ribeira e cun Centro de día en Ribeira e outro na Estrada

Arquivada en: