FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

O pasado sábado 26 de xuño tivo lugar a Asamblea Xeral da Federación Alzhéimer Galicia

A asamblea, que tivo lugar en Santiago de Compostela, foi a primeria reunión con asisitencia presencial despois da crise sanitaria

02/07/2021 | Santiago de Compostela

A federación celebrou o pasado sábado 26 a súa asamblea xeral ordinaria anual á que asistiron representantes das 15 entidades asociadas grazas a a posibilidade de asistencia presencial e telemática. Nela aprobáronse as memoria e contas 2020 e o plan de actividades e orzamento 2021.

Noutro orde de  temas tratados abundouse sobre a preocupación que o impacto que a crise sanItiaria provocada pola COVID19 tivo sobre os servizos terapéuticos que se prestan dende as asociacións e sobre todo sobre as familias coidadoras dunha persoa con alzhéimer.

Na asemblea considerouse que son prioritarias as accións encamiñadas tanto a reforzar os servizos terapéuticos das AFAs como a crear novos espazos de atención especializada, especialmente no rural, onde existen menos recursos. As persoas cunha demencia e as súas familias precisan dunha atención directa e especializada, a atención recibida nun centro xeralista non cubre as necesidades terapéuticas necesarias para estes casos.

Para finalizar engadiuse que hai que facer moito fincapé nos programas de prevención que son fundamentais tanto para a detección precoz como para fomentar o envellecemento activo, en calquera fase do ciclo vital.  

Arquivada en: