Atención ás asociacións
A razón de ser da Federación Alzhéimer Galicia son as asociacións membro polo que gran parte da labor que realiza FAGAL está destinada a elas.
As accións encamiñadas á atención das asociacións son as seguintes:
-
Representación e portavocía do conxunto das asociacións de alzhéimer de Galicia, nas cuestión que sexan de competencia federada.
-
Asesoramente e axuda nos temas vinculados coa federación.
-
Difusión e promoción das actividades realizadas polas asociacións co fin de dar visibilidade.
-
Coordinación para a elaboración de proxectos e posterior posta en marcha.
-
Desenvolvemento asociativo que permita estimular e crecer as asociacións.
-
Incidencia social que permita mellorar os recursos e as axudas para que as asociacións poidan desempeñar a súa actividade.
-
Creación de grupos de traballo que favorezan o intercambio de experiencias e o crecemento como profesionais do sector.
-
Formación para profesionais que favoreza a reciclaxe e calidade da atención ás persoas afectadas.