FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Atención a persoas cunha demencia neurodexenerativa

A través das asociacións membro, a Federación Alzhéimer Galicia leva a cabo diversos programas destinados a persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas que a continuación se mencionan:

Desde - Hasta: - Actualmente

PROGRAMAS DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA EN CENTROS DE DIA

Programa destinado a persoas con algunha demencia neurodexenerativa no que se ofrece, en horario de atención diúrna, diversas terapias non farmacolóxicas co fin de demorar os síntomas da enfermidade e manter as capacidades funcionais durante o maior tempo posible. As áreas principais de traballo son: a atención, a orientación, a linguaxe, a memoria, as funcións executivas e as habilidades sociais. Con este programa e de forma paralela, proporciónase un tempo de respiro familiar ás persoas coidadoras principais.

Financiamento: Consellería de Política Social

Periodo de execución: Ano 2019

Entidades que levan a cabo este programa:

 

PROGRAMAS DE ATENCIÓN DIRIXIDOS A PERSONAS MAIORES CON DETERIORO COGNITIVO OU DEPENDENTES

Este programa nace co obxectivo de previr o avance da deterioración cognitiva das persoas cunha demencia neurodexenerativa nas súas fases iniciais. Para iso levan a cabo obradoiros de estimulación cognitiva e psicomotriz desde o enfoque da rehabilitación neuropsicolóxica, consistentes na realización de exercicios prácticos que facilitan a participación activa e inciden nas diferentes áreas cognitivas (memoria, linguaxe, concentración, razoamento..)

Financiamento: Consellería de Política Social

Periodo de execución: Ano 2019

Entidades que levan a cabo este programa:

 

PROGRAMA DE UTILIZACIÓN DE TECNOLOXÍAS, PRODUTOS DE APOIO OU SERVIZOS QUE FACILITEN A AUTONOMÍA PERSOAL (AYUDAS TÉCNICAS)

Este programa de intervención específico no domicilio está orientado a mellorar a calidade de vida da persoa con demencia e á súa familia, adaptando a súa contorna, eliminando barreiras arquitectónicas e asesorando no uso de axudas técnicas e estratexias de coidado, promovendo a súa autonomía persoal e evitando a sobrecarga da persoa coidadora

Financiamento: Consellería de Política Social

Periodo de execución: Año 2019

Entidades que levan a cabo este programa:

 

PROGRAMA REDE PARAUGAS ALZHÉIMER DE ATENCIÓN RURAL

Levado a cabo desde o ano 2013, este programa presta, a través de diversas unidades de memoria, unha atención individual e especializada a persoas con algunha demencia neurodexenerativa residentes no rural galego mentres as persoas coidadoras principais participan nun ciclo de formación. Nestas unidades de memoria trabállanse todas as áreas cognitivas co fin de manter a autonomía da persoa con demencia o máximo tempo posible así como conservar as súas habilidades preservadas.

Financiamento: Fundación Barrié

Periodo de execución: Ano 2019 - 2020

Entidades que levan a cabo este programa: