
A través da sensibilización e difusión conseguimos ser máis visibles e poder contar ao mundo o labor que realizamos. É por iso que a Federación Alzhéimer Galicia aposta por programas destinados a este fin: difusión, para mostrar os métodos de intervención e o traballo que realizamos; sensibilización, para achegar o alzhéimer á sociedade, para reivindicar máis axudas para as persoas con demencia e as súas familias, etc…; concienciación, para que se aposte pola investigación e póñase en valor a importancia da detección precoz.
PROGRAMAS DE DIFUSIÓN E SENSIBILIZACIÓN
A Federación Alzhéimer Galicia e as súas asociacións membro, co fin de achegar o cocepto de demencia e as súas consecuencias a toda a sociedade, levan a cabo diversas actividades de sensibilización e difusión a través de charlas, foros, mesas informativas e deseño de carteis e dípticos nos que se aporta a información necesaria para mellorar a calidade de vida de todo o núcleo familiar que se ve afectado por esta enfermidade.
Financiamento: Consellería Sanidade
Periodo de execución: Ano 2019
Entidades que levan a cabo este programa:
- Provincia de A Coruña: AFABER, AFACO, AFAL-FERROLTERRA, AGADEA
- Provinca de Lugo: AFALU, AFAMON, AFACHANTADA, AFAVIVEIRO
- Provincia de Ourense: AFAOR
- Provincia de Pontevedra: AFAPO, AFAGA, AFAMO, AFASAL