FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

A Federación Alzhéimer Galicia entidade beneficiaria da campaña 'Céntimos Solidarios' de Vegalsa

Velgalsa - Eroski Colaboran a favor da Alianza Española de Enfermedades Neurodegenerativas (Neuroalianza) para axudar ás familias afectadas por alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas

21/04/2021 | Santiago de Compostela

A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski, xunto co seu socio Grupo Eroski, puxo en marcha, no marco do seu programa Céntimos Solidarios, unha nova causa de colaboración solidaria: axudar ás familias afectadas polas enfermidades neurodegenerativas como Alzheimer e outras demencias neurodegenerativas, Párkinson, Esclerose Múltiple, Enfermidades Neuromusculares e Esclerose Lateral Amiotrófica. A campaña estará activa nos supermercados da súa rede comercial ata o próximo 5 de maio.

Todas as doazóns que se reciban destinaranse a reforzar as actividades das asociacións galegas de pacientes que agrupa a Alianza Española de Enfermidades Neurodegenerativas ( Neuroalianza): FEGADEM (Federación Galega de Esclerose Múltiple), AGAELA (Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica), FAGAL (Federación Alzheimer Galicia) e ASEM Galicia (Asociación galega contra as enfermidades neuromusculares).

“Para as persoas afectadas polas enfermidades neurodegenerativas, é necesario dispoñer de tratamentos adecuados e unha atención sanitaria idónea e non restrinxida coa que responder ao correcto manexo da súa enfermidade e previr o seu agravamento ou deterioración. Igualmente, é necesario mellorar os recursos dispoñibles e dar a coñecer todos os apoios existentes ao seu alcance que sirvan para mellorar a súa calidade de vida. Por iso en Vegalsa-Eroski, xunto cos nosos clientes e clientas, queremos colaborar coas asociacións de afectados por estas enfermidades para que poidan ampliar e reforzar a axuda aos enfermos e as súas familias”, explicala directora de RSE e Comunicación de Vegalsa-Eroski, Gabriela González.

“En cifras globais, calcúlase que existen 60.000 afectados por enfermidade neuromuscular en toda España. A Enfermidade de Parkinson afecta a 160.000 españois, e un de cada cinco afectados ten menos de 50 anos. Cada ano diagnostícanse uns 900 novos casos de Esclerose Lateral Amiotrófica e cada 5 horas un novo caso de Esclerose Múltiple, sendo en total máis de 55.000 afectados por esta última. O 10% das persoas maiores de 65 anos e o 50% das persoas maiores de 85 anos ten Alzheimer ou outra demencia neurodegenerativaen o noso país mentres que en Galicia estímase que hai 70.000 persoas cunha demencia neurodegenerativa. Coa axuda de organizacións como EROSKI podemos seguir co noso labor de apoio a todas aquelas que nos necesitan”, comentou Pedro Carrascal de Neuroalianza.

Céntimos Solidarios, apoio a diferentes causas sociais

Vegalsa-Eroski estreou xunto co seu socio Grupo Eroski o programa permanente Céntimos Solidarios o 5 de novembro e ata ahoraha destinado máis de 200.000 euros, recadados grazas á solidariedade dos seus clientes, aos Bancos de Alimentos para proporcionar produtos de alimentación ás familias en situación de vulnerabilidade e a UNICEF, Médicos Sen Fronteiras e ACNUR para axudar á vacinación infantil en países en vías de desenvolvemento; axudar na loita contra o cancro infantil e o apoio ás súas familias en colaboración coa Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia ( ASANOG) ou coa Fundación Ana Bela e o Fondo de Bolsas Soledad Cazorla para axudar ás mulleres e aos menores, vítimas da violencia de xénero.

Os clientes poden facer unha pequena doazón á causa benéfica que estea en marcha en cada momento ao pagar a súa compra con tarxeta ou móbil. A achega, sempre voluntaria e confidencial, é unha pequena cantidade simbólica de 10 céntimos para compras entre 5 e 30 euros, e de 20 céntimos para compras superiores a 30 euros.

As organizacións solidarias receptoras destas axudas cambian de forma periódica e a súa elección responde as necesidades sociais existentes en cada momento e ás preocupacións transmitidas por máis de 3.500 Socios-Cliente. Entre elas, haberá ao longo de 2021 entidades que traballen pola infancia, as persoas en risco de exclusión social, a loita contra o cancro, as persoas con discapacidade ou enfermidades raras e o medio ambiente.

Sobre FEGADEM

A Federación Galega de Esclerose Múltiple é unha federación cunha década de traxectoria que se creou como resultado dunha reunión celebrada en decembro de 2010 na que representantes das Asociacións Galegas de Esclerose Múltiple deciden constituírse nunha federación de asociacións sen ánimo de lucro coa finalidade de garantir a calidade de vida das persoas afectadas pola esclerose múltiple e a das súas familias.

FEGADEM representa ao redor de 1283 socios/ as repartidos/ as entre as catro provincias galegas a través de cinco asociacións que desenvolven Programas de Atención Integral que inclúen entre os seus servizos o traballo social, a psicoloxía clínica, a fisioterapia, a logopedia, a terapia ocupacional, o voluntariado así como o lecer e tempo libre. Sobre AGAELA É a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica, unha entidade de ámbito autonómico cuxa misión é cubrir as necesidades de información, asesoramento e orientación das persoas afectadas de ELA e acompañar ás familias no proceso da enfermidade. En España estímase que cada día diagnostícanse tres novos casos de ELA e falecen outras tres persoas por mor desta enfermidade, roldando o total de pacientes afectados no noso país os 4.000. A pesar do reducido número de casos existentes, a ELA é unha das enfermidades neurodegenerativas con maior incidencia xunto á enfermidade de Alzheimer e de Parkinson, e cada ano diagnostícanse máis casos.

 

Sobre AGAELA

AGAELA atende actualmente a máis de 100 persoas afectadas de ELA ao ano residentes en Galicia, ofrecendo entres os seus principais servizos a acollida, seguimento e asesoramento individualizado; a valoración e orientación sobre accesibilidade, produtos de apoio e comunicación aumentativa e alternativa; o servizo gratuíto de préstamo de produtos de apoio e o acceso a servizos de rehabilitación.

Sobre FAGAL

La Federación Alzhéimer Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro con máis de 20 anos de traxectoria que está composta por 15 asociacións de familiares, que suman máis de 5.000 familias, e que prestan múltiples servizos a través de 300 profesionais do sector sociosanitario. Ademais, é a entidade de referencia en Galicia en materia de Alzheimer e outras demencias. Na actualidade FAGAL desenvolve os seus propios programas baseados principalmente na divulgación, sensibilización e formación de familiares de persoas con algunha demencia neurodegenerativa. O seu labor está encamiñada ao desenvolvemento asociativo tanto da propia federación como das entidadesmiembro, servindo de fío condutor tanto de comunicación como de coordinación coas asociacións Federadas. Ademais, FAGAL é tamén un axente de incidente social na relación coa sociedade en xeral e coas administracións públicas.

Sobre ASEM Galicia

É a Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares, unha entidade sen ánimo de lucro que forma parte dunha ampla rede de asociacións de enfermidades neuromusculares por todo o territorio español. ASEM Galicia está conformada por afectados, familiares e outras persoas que, de forma desinteresada, levan a cabo a tarefa de apoiar e orientar a quen padece algunha enfermidade neuromuscular. O seu principal obxectivo é contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas e atender as súas necesidades e as das súas familias. Para iso, pon á súa disposición diferentes servizos de información, orientación e asesoramento, promoción da autonomía persoal, fisioterapia, apoio psicolóxico, orientación laboral e diferentes actividades lúdicas e recreativas.

Sobre Vegalsa-Eroski

Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castela e León con 271 establecementos entre propios e franquiados baixo as marcas comerciais Hipermercados e gasolineiras Eroski, Eroski/ Center, Autoservizos Familia, Cash Record, Eroski/City, Aliprox e Rapid. A súa estrutura comercial en Galicia esténdese polas 4 provincias galegas e conta cunha moderna plataforma de mercadorías xerais, situada en Sigüeiro, A Coruña, dotada con tecnoloxías loxísticas de última xeración, ademais das plataformas de produtos frescos da Coruña e centros de redistribución en Vigo e Ourense. Pola súa banda, a división de Autoservizos Cash Récord de Vegalsa-Eroski conta cun mapa comercial composto por 18 centros distribuídos homogéneamente entre Galicia e Asturias, con fáciles e rápidos accesos en áreas empresariais con boas comunicacións.A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski, xunto co seu socio Grupo Eroski, puxo en marcha, no marco do seu programa Céntimos Solidarios, unha nova causa de colaboración solidaria: axudar ás familias afectadas polas enfermidades neurodegenerativas como Alzheimer e outras demencias neurodegenerativas, Párkinson, Esclerose Múltiple, Enfermidades Neuromusculares e Esclerose Lateral Amiotrófica. A campaña estará activa nos supermercados da súa rede comercial ata o próximo 5 de maio. Todas as doazóns que se reciban destinaranse a reforzar as actividades das asociacións galegas de pacientes que agrupa a Alianza Española de Enfermidades Neurodegenerativas ( Neuroalianza): FEGADEM (Federación Galega de Esclerose Múltiple), AGAELA (Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica), FAGAL (Federación Alzheimer Galicia) e ASEM Galicia (Asociación galega contra as enfermidades neuromusculares). “Para as persoas afectadas polas enfermidades neurodegenerativas, é necesario dispoñer de tratamentos adecuados e unha atención sanitaria idónea e non restrinxida coa que responder ao correcto manexo da súa enfermidade e previr o seu agravamento ou deterioración. Igualmente, é necesario mellorar os recursos dispoñibles e dar a coñecer todos os apoios existentes ao seu alcance que sirvan para mellorar a súa calidade de vida. Por iso en Vegalsa-Eroski, xunto cos nosos clientes e clientas, queremos colaborar coas asociacións de afectados por estas enfermidades para que poidan ampliar e reforzar a axuda aos enfermos e as súas familias”, explicala directora de RSE e Comunicación de Vegalsa-Eroski, Gabriela González. “En cifras globais, calcúlase que existen 60.000 afectados por enfermidade neuromuscular en toda España. A Enfermidade de Parkinson afecta a 160.000 españois, e un de cada cinco afectados ten menos de 50 anos. Cada ano diagnostícanse uns 900 novos casos de Esclerose Lateral Amiotrófica e cada 5 horas un novo caso de Esclerose Múltiple, sendo en total máis de 55.000 afectados por esta última. O 10% das persoas maiores de 65 anos e o 50% das persoas maiores de 85 anos ten Alzheimer ou outra demencia neurodegenerativaen o noso país mentres que en Galicia estímase que hai 70.000 persoas cunha demencia neurodegenerativa. Coa axuda de organizacións como EROSKI podemos seguir co noso labor de apoio a todas aquelas que nos necesitan”, comentou Pedro Carrascal de Neuroalianza. Céntimos Solidarios, apoio a diferentes causas sociais
Vegalsa-Eroski estreou xunto co seu socio Grupo Eroski o programa permanente Céntimos Solidarios o 5 de novembro e ata ahoraha destinado máis de 200.000 euros, recadados grazas á solidariedade dos seus clientes, aos Bancos de Alimentos para proporcionar produtos de alimentación ás familias en situación de vulnerabilidade e a UNICEF, Médicos Sen Fronteiras e ACNUR para axudar á vacinación infantil en países en vías de desenvolvemento; axudar na loita contra o cancro infantil e o apoio ás súas familias en colaboración coa Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia ( ASANOG) ou coa Fundación Ana Bela e o Fondo de Bolsas Soledad Cazorla para axudar ás mulleres e aos menores, vítimas da violencia de xénero. Os clientes poden facer unha pequena doazón á causa benéfica que estea en marcha en cada momento ao pagar a súa compra con tarxeta ou móbil. A achega, sempre voluntaria e confidencial, é unha pequena cantidade simbólica de 10 céntimos para compras entre 5 e 30 euros, e de 20 céntimos para compras superiores a 30 euros. As organizacións solidarias receptoras destas axudas cambian de forma periódica e a súa elección responde as necesidades sociais existentes en cada momento e ás preocupacións transmitidas por máis de 3.500 Socios-Cliente. Entre elas, haberá ao longo de 2021 entidades que traballen pola infancia, as persoas en risco de exclusión social, a loita contra o cancro, as persoas con discapacidade ou enfermidades raras e o medio ambiente. Sobre FEGADEM A Federación Galega de Esclerose Múltiple é unha federación cunha década de traxectoria que se creou como resultado dunha reunión celebrada en decembro de 2010 na que representantes das Asociacións Galegas de Esclerose Múltiple deciden constituírse nunha federación de asociacións sen ánimo de lucro coa finalidade de garantir a calidade de vida das persoas afectadas pola esclerose múltiple e a das súas familias.
FEGADEM representa ao redor de 1283 socios/ as repartidos/ as entre as catro provincias galegas a través de cinco asociacións que desenvolven Programas de Atención Integral que inclúen entre os seus servizos o traballo social, a psicoloxía clínica, a fisioterapia, a logopedia, a terapia ocupacional, o voluntariado así como o lecer e tempo libre. Sobre AGAELA É a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica, unha entidade de ámbito autonómico cuxa misión é cubrir as necesidades de información, asesoramento e orientación das persoas afectadas de ELA e acompañar ás familias no proceso da enfermidade. En España estímase que cada día diagnostícanse tres novos casos de ELA e falecen outras tres persoas por mor desta enfermidade, roldando o total de pacientes afectados no noso país os 4.000. A pesar do reducido número de casos existentes, a ELA é unha das enfermidades neurodegenerativas con maior incidencia xunto á enfermidade de Alzheimer e de Parkinson, e cada ano diagnostícanse máis casos.
AGAELA atende actualmente a máis de 100 persoas afectadas de ELA ao ano residentes en Galicia, ofrecendo entres os seus principais servizos a acollida, seguimento e asesoramento individualizado; a valoración e orientación sobre accesibilidade, produtos de apoio e comunicación aumentativa e alternativa; o servizo gratuíto de préstamo de produtos de apoio e o acceso a servizos de rehabilitación. Sobre FAGAL Federación Alzhéimer Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro con máis de 20 anos de traxectoria que está composta por 15 asociacións de familiares, que suman máis de 5.000 familias, e que prestan múltiples servizos a través de 300 profesionais do sector sociosanitario. Ademais, é a entidade de referencia en Galicia en materia de Alzheimer e outras demencias. Na actualidade FAGAL desenvolve os seus propios programas baseados principalmente na divulgación, sensibilización e formación de familiares de persoas con algunha demencia neurodegenerativa. O seu labor está encamiñada ao desenvolvemento asociativo tanto da propia federación como das entidadesmiembro, servindo de fío condutor tanto de comunicación como de coordinación coas asociacións Federadas. Ademais, FAGAL é tamén un axente de incidente social na relación coa sociedade en xeral e coas administracións públicas. Sobre ASEM Galicia É a Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares, unha entidade sen ánimo de lucro que forma parte dunha ampla rede de asociacións de enfermidades neuromusculares por todo o territorio español. ASEM Galicia está conformada por afectados, familiares e outras persoas que, de forma desinteresada, levan a cabo a tarefa de apoiar e orientar a quen padece algunha enfermidade neuromuscular. O seu principal obxectivo é contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas e atender as súas necesidades e as das súas familias. Para iso, pon á súa disposición diferentes servizos de información, orientación e asesoramento, promoción da autonomía persoal, fisioterapia, apoio psicolóxico, orientación laboral e diferentes actividades lúdicas e recreativas. Sobre Vegalsa-Eroski
Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castela e León con 271 establecementos entre propios e franquiados baixo as marcas comerciais Hipermercados e gasolineiras Eroski, Eroski/ Center, Autoservizos Familia, Cash Record, Eroski/City, Aliprox e Rapid. A súa estrutura comercial en Galicia esténdese polas 4 provincias galegas e conta cunha moderna plataforma de mercadorías xerais, situada en Sigüeiro, A Coruña, dotada con tecnoloxías loxísticas de última xeración, ademais das plataformas de produtos frescos da Coruña e centros de redistribución en Vigo e Ourense. Pola súa banda, a división de Autoservizos Cash Récord de Vegalsa-Eroski conta cun mapa comercial composto por 18 centros distribuídos homogéneamente entre Galicia e Asturias, con fáciles e rápidos accesos en áreas empresariais con boas comunicacións.

Arquivada en: