FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

O Centro Terapéutico de Marín recupera a súa actividade sete meses despois

Para a reapertura foi necesario realizar unha reestructuración das persoas usuarias e a adaptación ás medidas de seguridade

07/10/2020 | Pontevedra

O Centro Terapéutico de Marín, pertencente á asociación AFAPO, abre as súas portas esta semana despois de sete meses pechados. Para levar a cabo esta reapertura dividiron as persoas usuarias en dous grupos: mentres que o primeiro asistirá os luns, o segundo farao os mércores. Estas medidas están tomadas para poder cumprir coas medidas de seguridade implementadas por mor da crise sanitaria ocasionada pola Covid-19. Por este motivo, manteranse as distancias de seguridade recomendadas polas autoridades sanitarias e levaranse a cabo os protocolos establecidos.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAPO