FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Os centros de día e os servizos de atención terapéutica grupal das asociacións de FAGAL poderán reabrir as súas portas a partir do 15 de xullo

Estes centros e servizos levan pechados dende comezo de marzo, cando se viron obrigados a pechar pola chegada da pandemia do COVID-19

 

03/07/2020

Despois de catro meses coas portas pechadas debido a crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, os centros de día de persoas maiores e os servizos de atención terapéutica grupal poderán reabrir a partir do próximo 15 de xullo, sempre e cando conten cun protocolo específico de reactivación aprobado pola área sanitaria correspondente e cumpran co Plan de reactivación no ámbito sociosanitario.

Para unha segura reapertura destes centros e servizos, o persoal das asociación tivo que realizar uns cursos de formación impartidos pola Xunta de Galicia. Ademais, coa finalidade de contar coa máxima seguridade tanto para o persoal como para as persoas usuarias durante as actividades e exercicios que se leven a cabo, contarán con equipos de protección individual (EPIS) e respetaranse todas as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias.

Esta noticia chega un mes despois de que permitisen realizar atención terapéutica individual con cita previa para as persoas maiores ou con discapacidade e as súas familias, un paso que permitiu comezar a recuperar a rutina e o traballo diario das persoas cunha demencia neurodexenerativa, un dos colectivos que sufríu un maior impacto debido ó confinamento.

 

Arquivada en: