Noticias 

O concurso de fotografía 'A memoria nos camiños' xa ten gañador

Trala deliberación do xurado, o pasado 20 de decembro resolvíase o fallo anunciando á fotografía gañadora do concurso. Nela Xose Cuns posaba co Alois situado no Monte do Gozo con motivo da Andaina Solidaria realizada o pasado mes de setembro.

08/01/2020 | Santiago de Compostela

A memoria nos camiños foi un proxecto levado a cabo no marco das axudas do Xacobeo 2021 no que diferentes logos da Federación Alzhéimer Galicia, Alois, foron colocados gracias a colaboración das nosas 15 asociacións en puntos estratéxicos do Camiño de Santiago pertencentes a cada municipio. Nestes dispositivos aparecía recollida información a cerca da Federación, as demencias na zona no que se atopaban e información relativa a asociación correspondente. Ademais animábase a xente a participar no concurso de fotografía co obxectivo de facer máis visible o traballo realizado polas asociacións e pola Federación. 

Así todo, o concurso de fotografía tivo unha gran acollida entre veciños e veciñas, visitantes e peregrinos que se achegaban os Alois, lían a información e decidían participar non só polo mero feito do concurso e do premio que podían acadar, senon pola difusión e consecuente visibilización social que daba á enfermidade de Alzheimer.

O xurado recoñeceu a dificultade na elección da fotografía gañadora  tanto pola cantidade de fotografías participantes (máis de 20), como pola calidade das mesmas. 

Nas próximas semanas farase entrega do premio a persoa gañadora, que consistirá nun libro de Recetas para el recuerdo e merchandising da ultima campaña do Dia Mundial do Alzhéimer de FAGAL.

Arquivada en: