FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

FAGAL participa na reunión do Consello Asesor de Pacientes de la Consellería de Sanidade

Isabel Gey asistiu á reunión na que se abordaron novos proxectos postos en marcha pola Consellería de Sanidade.

 

23/06/2022 | Santiago de Compostela

O Consello Asesor de Pacientes é o órgano de asesoramento do Servizo Galego de Saúde creado no 2011 que ten como finalidade a mellora da seguridade dos e das pacientes, familiares e das persoas coidadoras, fomentando os niveis de participación e facilitando información necesaria para a toma de decisión.

Ata a reunión desprazouse a presidenta de FAGAL, Isabel Gey e alí coincidiu con diferentes representantes das distintas entidades pertencentes o Consello.

Na reunión tratáronse diversos temas relacionados cos novos proxectos impulsados desde a Consellería de Sanidade. Entre eles o novo programa para a xestión de demandas non previstas nos centros de saúde, cuxo pilotaxe está en marcha en dous centros de saúde de Galicia e que permite ofrecer á cidadanía citas dirixidas por motivo de consulta, o que reduce os tempos de espera para resolver as súas demandas. Xunto a isto outra medida exposta foi a devolución de chamadas ou “call me back” que permite que os persoal administrativo dos centros de saúde devolva en menos de dúas horas todas as chamadas telefónicas que non foron respondidas.

Ademais expúxose o Plan Obesidade Zero que o Sistema Galego de Saúde ten preparado para loitar contra a obesidade e promover hábitos de vida saudables. Cun horizonte posto no ano 2035 de conseguir reducir os niveis de obesidade da poboación galega nun 15%. Dado o datos preocupantes reflectidos das enquisas realizadas nas que se amosa que máis da metade da poboación de Galicia presenta sobrepeso ou obesidade é un plan urxente de implantar.

No ámbito das farmacias falouse da preparación da medicación por parte das oficinas de farmacia e dos protocolos para achegar a medicación os pacientes que máis o precisen.

Por último, déronse unhas pílulas do proxecto New European Bauhaus Galicia un novo concepto de desenvolvemento sostible aproveitando os recursos naturais para unir as areas sanitarias coas cidades de forma sostible, funcional e en harmonía.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia