FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Convenio entre FAGAL e CoFiGa para mellorar a vida das persoas maiores e as súas familias e coidadorxs

Traballarán conxuntamente promovendo liñas de investigación e a detección precoz das enfermidades e deseñando programas de formación para profesionais, entre outras propostas

 

08/04/2020

A Federación Alzhéimer Galicia e o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia veñen de firmar un convenio polo cal establecen unha serie de obxectivos comúns coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas maiores, as persoas con demencia e as persoas coidadoras.

Os obxectivos marcados son os seguintes:

  • Promover liñas de investigación conxunta sobre a Fisioterapia en persoas maiores, persoas cunha demencia neurodexenerativa e as persoas coidadoras.
  • Promover a Fisioterapia comunitaria para promover a saúde das persoas maiores, as persoas cunha demencia neurodexenerativa e as súas persoas coidadoras así como a detección precoz das demencias e previr ou detectar precozmente enfermidades asociadas a estes colectivos.
  • Deseñar programas de formación para profesionais da Fisioterapia e para persoas coidadoras de persoas con Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.
  • Compartir canles de información para promocións dos fins comúns de ambas entidades e crear unha base documental para a fundamentación de programas e proxectos dentro do ámbito propio de cada entidade.
  • Servir de enlace entre a colexiación e estudantado en Fisioterapia e as entidades asociadas á federación para programas de emprego.
  • Colaborar para a realización de proxectos conxuntos en calquera ámbito público (local, autonómico, estatal ou europeo) ou privado.

 

Arquivada en: