FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

A Conselleira de Política Social en Funcións visitou onte as instalacións da asociación AFAFES en Cee.

A conselleira mostrou o compromiso da Xunta de Galicia coas asociacións como o acadado por esta entidade a través da orde de IRPF
 

01/03/2024 | Cee

A conselleira de Política Social e Xuventude en funcións, Fabiola García, visitou onte o centro terapéutico da Afafes en Cee. Durante a visita lembrou que o Goberno galego apoia a esta entidade a través da orde de axudas con cargo ao 0,7 % do IRPF para mellorar os seu servizos de atención a persoas con alzhéimer da Costa da Morte.
 
Tamén engadiu que Galicia é a única Comunidade que conta cunha rede autonómica de centros de día de atención a persoas con alzhéimer que duplicou as súas prazas desde o ano 2009 ata superar as 500. Unhas instalacións coas que, apuntou, se axuda ás persoas con esta doenza e ás súas familias a previr, atender e asesorar sobre o tratamento do alzhéimer.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Inventario de recursos > > AFAFES