Afaga Alzhéimer lanza un curso online de introdución ao envellecemento e ás demencias
O curso, subvencionable o 100% por FUNDAE , dará comezo o 6 de febreiro e extenderase ata o 10 de marzo de 2023
Afaga Alzhéimer pon en marcha un curso online de 20 horas de duración sobre o envellecemento e as demencias neurodexenerativas.
Entre os obxectivos que persigue o curso están coñecer os aspectos relevantes do envellecemento normal e patolóxico a nivel cognitivo,adquirir coñecementos básicos sobre as demencias, causas e realidade e profundizar no coñecemento e comprensión do alzhéimer.
O curso será impartido por profesionais especializados da asociación cunha ampla experiencia na intervención e valoración de persoas con demencia e familias. Estes profesionais serán os encargados de guiar o alumnado polas tres unidades nas que se divide o curso:
Unidade 1. O proceso de envellecer
Unidade 2. O envellecemento normal
Unidade 3. O envellecemento patolóxico a nivel cognitivo
As persoas interesadas poden inscribirse ben a través do teléfono 986 22 97 97 ou ben a través do correo electrónico formacion@afaga.com
O prezo é de 60€. Para empresas e entidades é unha formación bonificable nun 100% pola FUNDAE. Afaga Alzhéimer pode axudar na xestión da bonificación.