FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Demencia en cifras

Persoa con demencia

En Galicia hai preto de 70.500 persoas con Alzheimer ou algún outro tipo de demencia. As demencias afectan ó 12,5% das persoas maiores de 65 anos e o 31,25% das persoas que superan os 85 anos.

O alzhéimer é a primeira causa de demencia. Dende fai uns anos é considerado tema de primeira orde en cuanto a saúde se refire. De aí que sexa tan importante elaborar un modelo de actuación único para o tratamento e xestión da enfermidade.

Persoas coidadoras

  • As estatísticas indican que unha soa persoa coidadora principal inviste unha media de 60 horas semanas (9 horas no caso dos homes e 12 horas no caso das mulleres).

  • O 82% das mulleres coidadoras están na idade de traballar, teñen entre 19 e 65 anos. A idade media dunha coidadora é de 46 anos.

  • A maioría das persoas coidadoras homes son xubilados e o 35% deles combinan a súa labor de coidador/a cun traballo remunerado.

  • O 40% das persoas coidadoras recoñece ter problemas económicos derivados da súa labor de coidado.

  • O 27% considera que a súa vida profesional resentiuse e un 11% tivo que deixar de traballar.

  • No 13% dos casos, algún dos membros da familia tivo que deixar de  traballar ou estudar de maneira total ou parcial para axudar a persoa coidadora principal.

  • O 60% das persoas coidadoras toman medicamentos ou reciben algún tipo de servicio de rehabilitación o fisioterapia como consecuencia directa das súas tarefas de coidado.

      Imprimir