FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Demencia e dependencia

Segundo a OMS (Organización Mundial da Saúde), a dependencia é o estado de carácter permanente na que se atopan as persoas que, por razón da enfermidade, necesitan a atención doutra persoa para a realización de actividades da vida diaria e/ou axudas técnicas importantes que faciliten a súa continuidade durante o maior tempo poible na súa entorna.

Esta mesma definición poderíamos trasladala á demencia, xa que unha persoa con demencia necesita dos coidados doutra, sobre todo nas fases máis avanzadas da enfermidade, para case calquera actividade da vida diaria.

Cando falamos de actividades da vida diaria referímonos ao conxunto de tarefas ou conductas que unha persoa realiza de forma diaria que lle permiten vivir de forma autónoma e integrada no seu entorno, cumprindo, deste xeito, o seu rol dentro da sociedade. Dentro das asctividades da vida diaria pódense distinguir:

  • Actividades básicas da vida diaria: son actividades orientaras cara o propio corpo, tales como ducha, baño, vestido, alimentación, mobilidade, hixiene persoal e aseo, descanso…
  • Actividades instrumentais da vida diaria: son actividades orientadas cara a interacción co medio que, habitualmente, son complexas e xeralmente opcionais, xa que se poderían delegar noutros: coidado de mascotas, uso de sistemas de comunicación, manexo de temas financieiros, crear e manter un fogar, preparación da comida e limpeza, ir de compras…

Outro concepto importante son as axudas técnicas. Por axudas técnicas enténdese os productos fabricados especificamente para facilitar ou permitir a realización de determinadas accións a persoas nunha situación determinada. Un exempro de axudas técnicas serían: cadeira de rodas, audífonos, gafas, adaptación para o baño…

 

Dependencia e demencias en Galicia, algúns datos…

En Galicia no ano 2016 residían 31.718 persoas das cales o 37,48% estaban valoradas cunha dependencia de grao II e un 36,57% de grao III, mentras que só un 25,95% grao I, segundo os datos do IGE.

Durante ese mesmo ano en Galicia a prestación máis común concedida polo Sistema de Atención á Dependencia foi o servizo de axuda no fogar (30,02% do total de prestación) lixeiramente superior ó resto de España. Ocorre o mesmo cos centros de día e residencias, sendo tamén superior o número de solicitudes para optar a eles. Estes datos están directamente relacionados co aumento do índice de envellecemento de Galicia onde os últimos datos recollidos polo IGE amosan que por cada 100 nenos menores hai 129,32 varóns maiores de 65 anos, e por cada 100 nenas menores, hai 185,21 mulleres maiores de 65 anos.

Polo tanto, o número de mulleres que solicitan a valoración de dependencia é maior que a de homes. Do total de solicitudes, o 65% corresponden a mulleres.

Nos últimos anos, o número de solicitudes foi sempre en aumento e a franxa de idade que realiza un maior número de solicitudes é a que comprende a persoas maiores de 64 anos.

      Imprimir