FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Demencia e discapacidade

Actualmente a demencia é vista dende un enfoque médico e é tratada coma unha enfermidade. Sen embargo, este punto de vista provoca unha limitación de dereitos e atención social importante no día a día das persoas que a sofren.

Fai uns anos, a Organización Mundial da Saúde (OMS) chamou a atención sobre o feito de que a enfermidade de Alzheimer tiña que considerarse como unha discapacidade.

Si ben é certo que o alzhéimer é unha enfermidade dexenerativa das células cerebrais de carácter progresivo e inevitable tamén provoca unha perda progresiva de capacidades, e por tanto, unha discapacidade adquirida que progresa gradualmente.

A demencia é a primeira causa de discapacidade en maiores 64 e ademais, como se amosa no gráfico 13. Ademais, as persoas maiores de 64 anos cunha discapacidade asociada a unha demencia que teñen un grao de discapacidade superior ao 74%  son case as tres cuartas partes da poboación con discapacidade. Tal como se amosa no gráfico 14.

Gráfico 14: Persoas maiores de 65 anos con demencia por grados de discapacidade, Galicia 2015

 

Do total de persoas maiores de 64 anos con discapacidade debido a algunha demencia, case tres cuartas partes(70,48%) corresponden a persoas cun grao de discapacidade superior ó 74%. Solo un 12,86% das persoas maiores con discapacidade debido a unha demencia contan cun grao de discapacidade de entre 33 e o 64%.

 

 

      Imprimir