FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Día Mundial 2021

O vindeiro sábado 11 de setembro terá lugar o acto central do Día Mundial do Alzhéimer 2021, que consistirá nun Encontro de Expertos no que se falará sobre a importancia da prevención e do diagnóstico precoz na enfermidade de alzhéimer

A Federación Alzhéimer Galicia pon en marcha a campaña do Día Mundial do Alzhéimer baixo o lema “Alzhéimer HOXE, mañá será tarde”, unha frase que recolle a necesidade de atender a esta realidade desde o punto de vista da prevención e do diagnóstico precoz.

Si a realidade das demencias xa era preocupante antes desta pandemia, estimando que para o 2050 triplicaríase o número de casos de persoas con demencia no mundo, o desvío da atención, dos recursos e as consecuencias físicas, psicolóxicas, sociais e económicas que esta crise sanitaria está a provocar preludian unha realidade moito máis devastadora. Por iso é fundamental incidir en que HOXE é o momento no que máis esforzos débense depositar en atender unha realidade que cada día vai en aumento, porque MAÑÁ será tarde.

Con esta campaña quérese sensibilizar acerca da importancia do diagnóstico e intervención precoz para intervir a tempo a enfermidade de alzhéimer e deter ou retardar o seu avance. HOXE máis que nunca é necesario sinalar que uns hábitos de vida saudables como facer exercicio, establecer rutinas ou socializar son fundamentais, non só para o desenvolvemento persoal, senón para evitar a aparición de enfermidades neurodexenerativas como o alzhéimer. Unha mente activa é a mellor prevención.

Ademais, os novos avances científicos, coa aparición dun medicamento que podería mermar os síntomas da enfermidade, pero que está previsto que poda funcionar en estadíos leves da enfermidade, cando aínda poidan conterse tanto os síntomas como o avance da mesma, é un motivo máis para cambiar a óptica e centrar todos os esforzos nesta detección precoz.

Neste ano 2021 a Federación e as 15 asociacións membro desenvolven unha serie de actividades encamiñadas a sensibilizar e visbilizar sobre esta temática, que son as seguintes:

Encontro de expertos: Alzhéimer HOXE

O acto central do Día Mundial do Alzhéimer 2021 consistirá nun encontro de expertos no que se abordará a prevención e o diagnóstico precoz desde as diferentes áreas de traballo de cada profesional implicado na atención ás persoas con demencia.

Deste xeito contaremos con diferentes profesionais da bioloxía, neuroloxía e psicoloxía, entre outros que nos amosaran o seu punto de vista e a importancia de traballar as demencias desde a prevención. Entre eles:

- Silvia Suárez Luque. Subdirectora Xeral de Programas de fomento de estilos de vida saudables. Dirección Xeral de Saude Pública

- Carlos Spuch Calvar. Doctor en neurobioloxía e Investigador Senior do Grupo de Neurociencia Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur

- David Facal Mayo. Doutor en Psicoloxía Evolutiva pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Máster en Xerontología Clínica pola Universidade de A Coruña

- J. Manuel Aldrey Vázquez. Doutor en Neuroloxía no CHUS

- Isabel Gey Pérez. Presidenta de la Federación Alzhéimer Galicia 

CANDO?

O 11 de setembro de 11h a 12:30h.

ONDE?

Edificio CINC (Auditorio 2) da Cidade da Cultura de Galicia.

Podes consultar aquí o cartel

*Ese mismo día tamén poderase disfrutar da exposición fotográfica “Tecendo rede, tecendo recordos” Esta exposición amosa o traballo diario e continuado que realizan as 15 asociacións alzhéimer de Galicia para o mantemento e mellora da calidade de vida das persoas usuarias e as súas familias.

 

Exposición fotográfica itinerante: “Tecendo rede, tecendo recordos”

Desde o 19 de agosto ata o 21 de decembro a exposición ‘Tecendo rede, tecendo recordos” viaxará de xeito itinerante por toda a xeografía galega.

Esta exposición amosa o traballo diario e continuado que realizan as 15 asociacións alzhéimer de Galicia para o mantemento e mellora da calidade de vida das persoas usuarias e as súas familias.

Aquí tedes o calendario cos días e lugares nos que permanecerá en cada unha das localidades.

 

Campaña de participación en redes sociais: #alzheimerHOXE

Tanto se es familiar, achegado, persoa coidadora, estas sensibilizado co alzhéimer ou atopácheste con esta campaña por casualidade saibas que ti tamén poder participar.

COMO?

Subindo unha fotografía a redes sociales cun reloxo (de area, de pulsera, analóxico, dixital…) baixo o #alzheimerHOXE. Deixade voar a creatividade!

O 21 de setembro celébrase o Día Mundial do Alzhéimer e este ano a campaña xira entorno á prevención e da detección precoz, porque neste caso o tempo sí é importante. HOXE, sempre é mellor que MAÑÁ para comezar a previr o alzhéimer. Desde a xuventude ata a idade adulta.

CONTAMOS CONTIGO?

Canto máis compartas a campaña coa familia, amigos, traballo, grupos de Whatsapp a túa axuda multiplícase. O noso obxectivo e traspasar fronteiras e que todas as persoas coñezan que #alzheimerHOXE non é soamente unha campaña se non un estilo de vida para previr todo tipo de enfermidades e en especial a enfermidade de Alzheimer.

 

Video promocional Día Mundial Alzhéimer 2021 - 'Alzhéimer HOXE, mañá será tarde'

Como cada ano a Federación Alzhéimer Galicia realiza un vídeo con motivo do Día Mundial do Alzhéimer co obxetivo de visibilizar e sensibilizar a poboación en xeral sobre as demencias neurodexenerativas como o alzhéimer.  Cada ano esta mostra videográfica xira entorno a campaña vixente. Nesta ocasión o vídeo amosa as claves para previr as demencias desde antes de padecelas e como este estilo de video pode ser determinante para que a enfermidade non se manifeste ou a aparición dos síntomas se vexan retardados.

Podes velo aquí

 

Financiamento: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade e Eroski
 
Período de execución: Ano 2021
 
Entidades membro que participan: