FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Día Mundial 2022

O vindeiro sábado 10 de setembro terá lugar a IV Andaina Solidaria polo alzhéimer, acto central do Día Mundial do Alzhéimer 2022,

A Federación Alzhéimer Galicia pon en marcha a campaña do Día Mundial do Alzhéimer baixo o lema “... É lémbrate do alzhéimer”, unha frase que recolle a a necesidade de que o urxente non reste tempo nin espazo o importante.

O contexto no que vivimos é unha sociedade cada vez máis frenética, efervescente e rápida, na que o exceso de información e os recentes acontecementos fan que deixemos de mirar cara as cousas importantes. Nese tempo que descoidamos de mirar cara o alzhéimer hay unha persoa máis en cada rincón do mundo tendo o seu primeiro "despiste", olvidando o nome dos seus fillos ou enfrentándose ó diagnóstico. Momentos e persoas que debemos recordar e manter na memoria para que algún día deixemos de dicir que a prevalencia da enfermidade aumenta cada ano.

Ante esta realidade as entidades que traballamos en prol das persoas con alzhéimer e as súas familias podemos facer tres cousas fundamentais, entre outras: mellorar a súa calidade de vida, informar e asesorar e visibilizar a enfermidade e as demandas do colectivo.

"...É lembrate do alzhéimer" é unha campaña que pretende sensibilizar ás adminsitracións públicas e ás persoas en xeral de que a única forma de preservar a memoria destas persoas o maior tempo posible é lembrarse dela. Tela como prioridade sanitaria, investir, investigar e actuar.

Neste ano 2022 a Federación e as 15 asociacións membro desenvolven unha serie de actividades que se recollen a continuación e que van encamiñadas a conmemorar o Día Mundial do Alzhéimer.

IV Andaina Solidaria polo alzhéimer

Neste ano 2022 retomamos a Andaina Solidaria como acto principal da campaña. Un encontro interxeracional no que participan familias, nenos e nenas, persoas coidadoras, traballadoras e poboación en xeral no que se comparten experiencias recorrendo o último tramo do Camiño de Santiago pasando pola Praza do Obradoiro e rematando no parque de Bonaval, xunto a árbore da Memoria, espazo inaugurado no parque de Bonaval no ano 2016.

O obxectivo que ten a Andaina e sensibilziar e visibilizar a enfermidade de Alzheimer.

CANDO?

O 10 de setembro de 2022 ás 10h

ONDE?

Saída Monte do Gozo - Praza do Obradoiro - Parque de Bonaval. (Haberá bus lanzadeira desde a Praza de Galicia que sairá ás 9:15h ata o Monte do Gozo)

INSCRICIÓN

As persoas interesadas poden isncribirse gratuitamente no correo administracion@fagal.org ou chamando o 981 595 121

DESENVOLVEMENTO

10:00h - Recollida acreditacións. Monte do Gozo (cerca da capela)

10:30h - Inauguración andaina (autoridades, prensa e presidencia)

11:00h - Comezo da andaina

12:00h - Chegada a Praza do Obradoiro . Recepción alcalde Santiago

12:30h - Saída da Praza do Obradoiro ata o Parque de Bonaval (árbore da memoria)

13:00h - Acto árbore da memoria

 

Encontro gastronómico: "Recetas para el recuerdo"

Este evento gastronómico consistirá nunha mostra da nova cociña tradicional galega elaborada por persoas con demencia (en fase leve) acompañados de Lucía Freitas e Pepe Solla dous coñeiros de prestixio quen plasmarán as receitas coñecidas por estas mulleres en pratos actuais que poderían ser servidos en calquera dos seus restaurantes Estrella Michelin.

Estas recetas estarán basadas no libro de "Recetas para el Recuerdo" elaborado grazas a Azafranes Pote.

Esta actividade tamén pretende resaltar o papel fundamental da muller na cultura e tradición galega.

CANDO?

O 30 de setembro de 2022 ás 12:00 h

ONDE?

Praza de Abastos de Santiago de Compostela

DESENVOLVEMENTO

12:00h - Presentación actividade. Agradecementos

12:30h - Preparación dos pratos

13:45h - Presentación dos pratos

14:00h -Degustación

*O horario da actividade pode sufrir pequenas variacións. Ampliarase información

 

Campaña de participación en redes sociais: #elembratedoalzheimer

Tanto se es familiar, achegado, persoa coidadora, estas sensibilizado co alzhéimer ou atopácheste con esta campaña por casualidade saibas que ti tamén poder participar.

COMO?

Subindo unha fotografía a redes sociales cunha bombilla (de verdade, debuxada, impresade...) baixo o #elembratedoalzheimer. Deixade voar a creatividade!

CONTAMOS CONTIGO?

Canto máis compartas a campaña coa familia, amigos, traballo, grupos de Whatsapp a túa axuda multiplícase. O noso obxectivo e traspasar fronteiras e que todas as persoas coñezan que #elembratedoalheimer non só é o mes de setembro senon que dbemos lembralo todos os días do ano.

Ademais as fotos subidas, nas que nos etiquetedes nas diferentes redes sociais e que apareza correctamente o hastagh #elembratedoalzheimer entrarán nun sorteo dun lote de productos de merchandicing de FAGAL  é un libro de "Recetas para el Recuedo".

 

Video promocional Día Mundial Alzhéimer 2022 - '...É lémbrate do alzhéimer'

Como cada ano a Federación Alzhéimer Galicia realiza un vídeo con motivo do Día Mundial do Alzhéimer co obxetivo de visibilizar e sensibilizar a poboación en xeral sobre as demencias neurodexenerativas como o alzhéimer.  Cada ano esta mostra videográfica xira entorno a campaña vixente. Nesta ocasión o vídeo amosa se a poboación en xeral ten os mesmos coñecementos sobre o alzhéimer que sobre temáticas culturais diversas, incidindo  en que o alzhéimer segue sendo o gran descoñecido para moitas delas.

Podes velo aquí

 

Financiamento: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade e de Política Social e Xuventude
 
Período de execución: Ano 2022
 
Empresas colaboradoras: A Carrilana, Decathlon, Eroski, Hijos de Rivera, Grupo Monte do Gozo, Azafranes Pote, Via Romana, A Tafona, Pepe Solla
 
Entidades membro que participan: